Costanza de Castro
Para a relixiosa de Viveiro véxase: Constanza de Castro e Osorio.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1454 Alfoz |
Morte | 1485 (30/31 anos) Cospeito |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Familia | |
Pai | Pardo de Cela |
Costanza de Castro[1] foi unha aristócrata galega de finais do século XV.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era filla de Pedro Pardo de Cela e de Sabela Pérez Osorio, pertencente a unha das liñaxes máis importantes do reino de Galiza. Estaba casada con don Fernán Ares de Saavedra. Pardo de Cela, a súa filla Costanza e o seu marido apoiaban o bando de Xoana a Beltranexa contra os partidarios de Isabel de Castela. Houbo loitas entre os dous bandos. Pardo de Cela (que era Alcallde del ayuntamiento y su tierra y jurdiçon) foi feito prisioneiro no seu propio castelo da Frouxeira, por traizón dalgúns dos seus vasalos. A súa filla continuou a loita xunto co seu marido durante once meses desde o castelo de Caldaloba (San Martiño de Pino, Cospeito).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Costanza de Castro". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- "Costanza de Castro". Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-29.