Chimalpopoca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChimalpopoca

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1397 Editar o valor em Wikidata
Tenochtitlán Editar o valor em Wikidata
Morte1427 Editar o valor em Wikidata (29/30 anos)
Tenochtitlán Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Enforcamento Editar o valor em Wikidata)
Tlatoani
21 de xullo de 1417 – 1427
← Huitzilihuitl IIItzcoatl → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMatlalatzin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosTezozomoc (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiHuitzilihuitl II Editar o valor em Wikidata
IrmánsMoctezuma I (pt) Traducir e Tlacaelel Editar o valor em Wikidata

Chimalpopoca (antropónimo náhuatl que significa "escudo fumegante"; de chimalli, "escudo", e popoca, "fumegar"), nado en 1397 e finado en 1427, foi o terceiro huey tlatoani da dinastía gobernante en Tenochtitlán, sucesor de Huitzilihuitl en 1415.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chimalpopoca era fillo do emperador Huitzilihuitl e a raíña Ayauhcihuatl. Como huey tlatoani de Tenochtitlán, era vasalo -e neto, por parte de nai- de Tezozómoc, tepanecateuctli (señor dos tepanecas) de Azcapotzalco, e baixo o seu dominio participou nas conquistas tepanecas, entre elas a de Chalco. Á morte de Tezozómoc, sucedeulle o seu fillo Maxtla no trono de Azcapotzalco. Foi entón cando estalou unha revolta interna no Imperio Tepaneca, pois unha serie de señores subordinados erguéronse contra Azcapotzalco e os seus acólitos, dando morte a Chimalpopoca entre outros señores tepanecas, e dando un xiro ó centro hexemónico do imperio, que de Azcapotzalco pasará a Tenochtitlán. O principal líder daqueles rebeldes era Itzcoatl, da dinastía real tenochca (medio irmán de Huitzilihuitl), que sucedeu a Chimalpopoca (a súa vítima) en Tenochtitlán. Daba comezo así o Imperio Mexica ou Tripla Alianza.

Durante o seu reinado construíuse o acueduto de madeira que carrexaba a auga potable dende os mananciais de Chapultepec até Tenochtitlán. Tamén construíu unha estrada con bordos e terrapléns que conectaban a cidade con Tlacopan, tiña cortaduras e pontes de madeira que eran retirados durante a noite.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]