Mehmed I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mehmed I
Nacemento1386
Lugar de nacementoBursa
Falecemento26 de maio de 1421
Lugar de falecementoEdirne
SoterradoYeşil Türbe
RelixiónIslam
Ocupacióngobernante
PaiBayezid I
NaiDevlet Hatun
CónxuxeEmine Hatun e Kumru Hatun
FillosMurad II, Küçük Mustafa, Selçuk Hatun e Sultan Hatun
Irmánsİsa Çelebi, Süleyman Çelebi, Musa Çelebi e Mustafa Çelebi
editar datos en Wikidata ]

Mehmed I Çelebi, nado en 1389 e finado en 1421, chamado Kirisci ("o Verdugo"), foi sultán otomán dende 1413 até a súa morte.[1] Era fillo de Bayezid I. Despois do período de guerra civil denominado "o interregno", foi recoñecido sultán de todo o Imperio en 1413.

Tivo tres esposas (Dona Emine, Dona Kumru e Dona Şehzade), dúas fillas, Fatma e Selçuk, e cinco fillos: Mustafa Çelebi, Ikinci Murad, Ahmed, Yusuf e Mahmud.

O interregno[editar | editar a fonte]

Mehmed Çelebi naceu en Edirne (antiga Adrianópolis, hoxe en Turquía). Foi educado no palacio de Brusa, e fixo a súa aprendizaxe como administrador gobernando a Provincia de Amasya.

Logo da derrota de Bayezid I na batalla de Ancara (1402), iniciouse un período de enfrontamentos entre os herdeiros do sultán derrotado, coñecido como Fetret devri. Nel, logo de 10 anos e en boa medida grazas á alianza co Emperador bizantino Manuel II Paleólogo, Mehmed termina impoñéndose ós seus irmáns Isa, Süleyman e Mûsa, proclamándose Sultán en 1413 e trasladando a súa capital a Edirne.

Mentres tanto, enviara ó seu fillo máis vello Mustafa Çelebi, chamado Düzmece Mustafa, a Samarcanda en embaixada ante Tamerlán. Logo da morte deste (1413), Mustafa regresará a Anatolia co proxecto de destronar ó seu pai. Para iso, alíase cos príncipes cristiáns de Valaquia pero, derrotado, debe refuxiarse co emperador de Bizancio. Mehmed paga ó Emperador para que o faga prisioneiro. No curso dos combates entre pai e fillo empregáronse por primeira vez armas de fogo no Imperio Otomán.

En contrapartida pola axuda prestada, Mehmed deberá recoñecer ó Emperador bizantino como "pai e señor" e permanecerlle leal, o que pode considerar como o último triunfo diplomático de Bizancio.

Consolidación[editar | editar a fonte]

Durante o período de interregno, o Imperio perdera certo número de territorios en Anatolia. Mehmed ponse en campaña para recuperalos o máis axiña posible. Anexa Esmirna en 1414, anexa Saruhan e Menteseoglu, vence ós karamanogullari que atacaran Brusa, ós que finalmente perdoa, permitíndolles vivir no territorio do Imperio como súbditos, e conquista parte do emirato Candaroğlu, para finalmente ocupar o reino cristián de Cilicia.

Consolidado o seu poder en Anatolia, parte cara a Rumelia. Conquista parte de Albania e somete Valaquia, impóndolle o pago de tributo. Ó mesmo tempo, reforza a súa frota e teñen lugar os primeiros combates navais.

Morreu en Edirne o 26 de maio de 1421, e foi sepultado no Mausoleo Verde (''Yesil Turbe) de Bursa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A data é incierta. En efecto, se o seu fillo Mustafa Çelebi intentou un golpe de palacio contra el en 1405, é altamente improbable que Mehmed tivera só 24 anos nese momento.