Rita de Cascia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRita de Cascia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1381 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Roccaporena (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de maio de 1457 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Cássia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSaint Rita Basilica (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica latina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxa cristiá , filósofa , monxa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaFreira Agostiniana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa22 de maio Editar o valor em Wikidata
Patrón deIncorrigibility (en) Traducir, Ferida, illness (en) Traducir, Abuso de poder e nai Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 8810459 Editar o valor em Wikidata

Rita de Cascia, nada en Roccaporena (Perugia) en 1381 e finada en Cascia o 22 de maio de 1457, foi unha relixiosa italiana e unha das santas máis populares da Igrexa católica.[1] O seu nome é probablemente unha abreviación de Margherita. Os seus símbolos representativos son as rosas e os figos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rita naceu na aldea de Roccaporena, cinco quilómetros ó oeste da vila de Cascia (provincia de Perugia, rexión de Umbría). Naceu de pais maiores, e foi bautizada co nome de Margherita Lotti.

A pesar de que quería ser monxa, cando tiña 14 anos de idade os seus pais casárona cun home da vila, chamado Paolo Mancini.[2] Tiveron dous fillos mellizos, Jacobo e Paolo. Un día Mancini foi emboscado e asasinado.

Unha vez viúva, Rita pediu a admisión ao mosteiro das agostiñas de Santa María Madalena, en Cascia (estabelecido en 1256). Pero non foi aceptada debido a que só se permitían virxes. Un ano máis tarde (1417) tamén morreron os seus dous fillos púberes. Sen obrigacións familiares, Rita foi aceptada no convento, recibiu os hábitos de monxa, e máis tarde realizou a súa profesión de fe. Tiña 36 anos. No convento, Rita entregouse a unha vida de oración e penitencia.

Morte[editar | editar a fonte]

Corpo incorrupto de Santa Rita situado na Basílica de Santa Rita en Cascia, Italia.

Rita morreu no convento agustiniano o 22 de maio de 1457 á idade de 76 anos. A xente agrupouse no lugar para amosar os últimos respectos ó seu cadáver, que emitía unha intensa fragrancia doce (coma se fose embalsamado). O seu corpo consérvase até o presente (aínda que moi deshidratado). Empezaron a correr rumores de que por intercesión da monxa, sucedían curacións milagrosas. Así a devoción cara a Rita estendeuse por toda Italia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chiron, Yves. La verdadera historia de santa Rita: abogada de las causas perdidas. Ediciones Palabra. ISBN 978-84-8239-788-7. Sin discusión, santa Rita es una de las santas más veneradas en el mundo entero; "la santa más popular junto a san Antonio de Padua" ha declarado Juan Pablo II. 
  2. midwestaugustinians.org.