Ma Zhiyuan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMa Zhiyuan (馬致遠)
Nome orixinal(zh) 馬致遠 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1250
Khanbaliq, Dinastía Yuan Editar o valor em Wikidata
Morte1321
Datos persoais
País de nacionalidadeChinesa
Grupo étnicoHan
Actividade
Campo de traballoDrama e poesía Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPoeta, dramaturgo
Período de actividadeDinastía Yuan
Xénero artísticoSanqu
LinguaChinés
Obra
Obras destacables
Qiu si 秋思

Ma Zhiyuan (chinés tradicional: 馬致遠; chinés simplificado: 马致远; pinyin: Mǎ Zhìyuǎn; Wade-Giles: Ma3 Chih4-yüan3), nome de cortesía Dongli, nado en Beijing cara ao 1250 e finado no 1321, foi un dramaturgo e poeta chinés da dinastía Yuan.[1][2] Está considerado un dos catro grandes dramaturgos de Yuan, xunto con Guan Hanqing, Bai Renfu e Zheng Guangzu.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Poemas[editar | editar a fonte]

Entre os seus logros, destaca o desenvolvemento e popularización do sanqu 散曲, un tipo de poesía en chinés clásico. A súa peza máis coñecida neste xénero é Qiu si 秋思 ("Pensamentos de outono").[1] Este poema está composto no metro tianjinsha 天淨沙, e emprega dez imaxes con vinte e dúas sílabas.[2] Está considerado coma o prototipo de poema melancólico outonal na literatura chinesa. Foi citado no bestseller Sahala de gushi 撒哈拉的故事 ("Historias do Sáhara", 1976), da escritora taiwanesa Sanmao.[3]

《秋思》 Pensamentos de outono
枯藤老樹昏鴉。 Sobre as vellas árbores con podres rubideiras voan corvos vespertinos;
小橋流水人家。 Baixo a pontiña, preto da casopa, flúe un regato;
古道西風瘦馬。 Polo antigo camiño, os ventos do oeste acompañan a un fraco cabalo.
夕陽西下,斷腸人在天涯。 O sol ponse cara ao oeste; o desconsolado está lonxe do fogar.[2]

Os seus sanqu foron reunidos na escolma Dongli yuefu 東籬樂府 ("A poesía do valado do leste"), que contén cento catro sanqu e dezasete taoshu.

Teatro[editar | editar a fonte]

Na actualidade, consérvanse quince das súas pezas dramatúrxicas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Ci hai bian ji wei yuan hui 辞海编辑委员会". search.worldcat.org (en chinés). Shanghai ci shu chu ban she 上海辞书出版社. 1979. Consultado o 2024-01-29. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Ma Zhiyuan". en.chinaculture.org. Consultado o 2024-01-29. 
  3. Sanmao (2016). Diarios del Sáhara (en castelán). :Rata_. ISBN 978-84-944891-7-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ma Zhiyuan (La literatura china traducida en España)