Duns Scoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDuns Scoto

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Johannes Duns Scotus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) John Duns Editar o valor em Wikidata
1266 Editar o valor em Wikidata
Duns (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de novembro de 1308 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Colonia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaChurch of the Immaculate Conception of the Blessed Virgin Mary in Cologne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Escocia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e catolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónMerton College (pt) Traducir
Universidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, teoloxía, educación, scientific writing (en) Traducir, Christian ministry (en) Traducir, predicación, Escolástica e lóxica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , profesor de educación superior , clérigo regular , crego católico de rito romano , pastor , presbítero regular , escritor , clérigo católico (pt) Traducir , teólogo , profesor universitario , predicador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de París Editar o valor em Wikidata
ProfesoresSimon of Faversham (en) Traducir, William of Ware (en) Traducir e Gonzalo Hispano Editar o valor em Wikidata
AlumnosWilliam de Ockham Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioDoctor Subtilis Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores e Orde Franciscana Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa8 de novembro Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 74753832 Editar o valor em Wikidata

Johannes Duns Scotus, nado na aldea de Duns en 1266 e finado en Colonia o 8 de novembro 1308, foi un teólogo escocés. Formouse e traballou en Oxford e París. Pola finura e a profundidade da súa doutrina, era chamado polos seus contemporáneos Doctor Subtilis.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi alumno do colexio franciscano de Haddington, e estudou teoloxía en Nothampton, onde foi ordenado sacerdote en 1291. Enviárono a París entre os anos 1291 e 1296, e despois volveu a Inglaterra, á universidade de Cambridge. De Cambridge pasou a Oxford (1300-1302) e de aquí a París (1302-1303). A causa das crecentes tensións entre o emperador e o papa, Scoto foi chamado ao estudo franciscano de Colonia. Alí, despois dun ano de docencia, faleceu en 1308.

Escritos[editar | editar a fonte]

Para captar o diferente nivel teórico dos seus escritos, é preciso distinguir dous grupos: o primeiro, da súa época xuvenil, está constituído por Comentarios a obras de filósofos antigos, en particular de Aristóteles e de Porfirio, e o segundo grupo, correspondente ao seu período de madurez, representado polos Comentarios ás Sentencias de Pedro Lombardo. A pesar da similitude de xénero literario -son sempre comentarios-, a diferenza de contidos e de valor entre os dous grupos é notable, como suxiren incluso os títulos cos que foron designadas ditas obras: Reportata parisiensia, Lecturae cantabrigenses, Ordinatio. Reportario indica un tipo de escrito redactado coa aprobación do mestre -neste caso, Scoto- polos seus propios discípulos, que deixaban constancia de todo o que o mestre lles ía ensinando. A Ordinato, que antes recibía o nome de Opus Oxoniense, foi ditada de forma persoal polo propio Scoto. Trátase da súa principal obra. Por último a Lectura consiste nos apuntamentos do mestre, redactados como esquema para a ensinanza cotiá. Xunto a estes escritos convén recordar un opúsculo denso e conciso, o De Primo Principio, que foi definido como "a máis grande das obras breves de Duns Scoto" (E. Roche).

Pensamento[editar | editar a fonte]

Distinción entre filosofía e teoloxía[editar | editar a fonte]

Scoto propón unha distinción nítida entre filosofía e teoloxía. A filosofía posúe unha metodoloxía que non é asimilable á metodoloxía da teoloxía. Para Scoto é de grande importancia precisar as esferas respectivas e os criterios específicos destes dous termos.

A filosofía ocúpase do ente en canto a ente e de todo o que poida reducirse a el ou deducirse del. A teoloxía, en cambio, trata dos obxectos de fe. A filosofía segue un procedemento demostrativo, mentres que a teoloxía adopta o procedemento persuasivo; a filosofía restrínxese á lóxica do natural, mentres que a teoloxía se move dentro da lóxica do sobrenatural. A filosofía ocúpase do xeral ou universal e a teoloxía afonda e sistematiza todo aquilo que Deus se dignou a revelarnos a cerca da súa natureza persoal e do noso destino. A filosofía é esencialmente especulativa, porque se propón coñecer por coñecer, mentres que a teoloxía é tendencialmente práctica, porque deixa de lado certas verdades, co obxectivo de inducirnos a actuar máis correctamente.

O principio de individuación[editar | editar a fonte]

Scoto reafirma a primacía do individual, negando que exista en si mesma ou en Deus a natureza ou esencia da que os individuos serían participacións. Interpretar o singular como unha participación do universal é conceder demasiado á concepción pagá que despreza a un e exalta ao outro, sen tomar seriamente en consideración o acto creador de Deus e a súa providencia. Deus, sinala Scoto, non nos propuxo un esquema ideal ao que facer referencia na existencia cotiá, a excepción de Cristo, xa que nos creou á súa imaxe e cuxa perfección nos empuxa a imitar. Deus coñece a todos e cada un, confiando a todos un lugar específico na economía xeral da salvación persoal.

A teoría do principio de individuación oculta un claro resto de platonismo, e non é máis que un seudo-problema. Trátase dun problema falso, que está presente tano en Aristóteles como en Avicena e Averroes, moi influídos polo platonismo, porque supón que a verdade máis profunda é a do universal e que a continuación hai que preguntarse como o universal se converte en particular.

Se o problema é falso, as respostas tamén o son, con maior motivo. Para Scoto, nin a materia -esencialmente indeterminada- nin a forma -indiferente á individualidade e á universalidade-, ao ser común por natureza a todos os entes da mesma especie -e, polo conseguinte, tampouco o composto de ambos, pode ser causa das características e das diferenzas individuais. A realidade última, segundo Scoto, explica a individualidade, é dicir, a súa perfección, grazas á cal unha realidade haec est, é esta e non outra. De aquí procede o termo haecceitas, que manifestan aquela formalidade ou perfección pola cal todo ente é aquilo que é e se distingue de todos os demais.

Neste contexto hai que situar a exaltación da persoa humana. En efecto, neste acto a individualización -definida como rexeitamento da división- é personalizada ou subxectiva, en polémica co averroísmo, cuxa teoría do intelecto único atacaba o seu trazo máis peculiar. Cualificada de maneira suxerente como ultima solitudo, a persoa é ab alio, pode ser cum alio, pero non in alio. Pode comunicar, condicionar e ser condicionado, pero non perder o seu ser en si. O ente persoal é un universal concreto, porque na súa unicidade non forma parte dun todo, senón que é un todo no todo: imperium in imperio. Particular e universal coinciden no concepto, determinado en grao sumo, de persoa. O home, cada home, non é unha determinación do universal na medida en que é unha realidade singular no tempo e irrepetible na historia, é de feito supremo e orixinario, porque está destinado, grazas á mediación de Cristo, ao diálogo co Deus da escritura.

Obras[editar | editar a fonte]

"Quaestiones" Ioannis Scoti.
  • Parva logicalia:
    • Quaestiones super Porphyrii Isagogem
    • Quaestiones in librum Praedicamentorum
    • Quaestiones in I et II librum Perihermeneias
    • Octo quaestiones in duos libros Perihermeneias
    • Quaestiones in libros Elenchorum
  • Lectura
  • Quaestiones super libros De anima
  • Quaestiones super libros Metaphysicorum Aristotelis
  • Expositio super libros Metaphysicorum Aristotelis
  • Ordinatio
  • Collationes oxonienses et parisienses
  • Reportatio parisiensis
  • Quaestiones Quodlibetales
  • De primo principio
  • Theoremata

Duns Scoto no cine[editar | editar a fonte]

A vida de Duns Scoto foi levada ao cine no filme Duns Scoto, do cineasta Fernando Muraca.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El mensaje de "La última cima" recibe un premio". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 03 de abril de 2013. 
  2. Duns Scotus en IMDb

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Reale, Giovanni (1995). Herder, ed. Historia del pensamiento filosófico e científico. Coautor: Darío Antiseri. Barcelona. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]