Conrado III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conrado III
Nacemento1093
Lugar de nacementoBamberg
Falecemento15 de febreiro de 1152
Lugar de falecementoBamberg
SoterradoCatedral de Bamberg
NacionalidadeAlemaña
Relixióncristianismo
Ocupaciónmonarca
PaiFrederico I da Suábia
NaiInês da Alemanha
CónxuxeGertrude of Comburg e Gertrude of Sulzbach
FillosFrederico IV da Suábia, Henry Berengar, Agnes von Staufen e Sophie Staufer
IrmánsBerta de Boll, Jutta von Babenberg, Richilde de Staufen, Inês de Áustria, Gertrude de Babenberg, Duquesa da Boêmia, Henrique II, Duque da Áustria, Leopoldo IV, Margrave da Áustria, Otón de Frisinga, Federico II de Suabia, Conrado II de Babenberg, Heilika von Staufen e Bertha of Austria
Na rede
WikiTree: Staufer-36 Find a Grave: 43201903 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Conrado III, Chronica Regia Coloniensis.

Conrado III, nado en 1093 e finado o 15 de febreiro de 1152 en Bamberg, foi un emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, o primeiro representante da dinastía dos Hohenstaufen.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Frederico I, duque de Suabia e de Inés, filla do emperador Henrique IV.

Conrado recibiu do seu tío, o emperador Henrique V, o Ducado de Franconia en 1115, e herdou do seu pai o Ducado de Suabia.

En 1138 foi elixido emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico. Enfrontouse cos güelfos e expulsounos de Baviera, pero non puido conseguir Saxonia, outro obxectivo seu, comezando desta forma a rivalidade entre güelfos e xibelinos.

Loitou en Bohemia e Polonia. Participou na segunda cruzada, a petición de San Bernardo, xunto ao rei Lois VII de Francia, regresando a Alemaña tras o fracaso da Campaña de Damasco.

Sucedeuno o seu sobriño Frederico I Barbarroxa.

Predecesor:
Lotario II
Rei de romanos
1127 - 1135 Rei rival
1138 - 1152 Rei lexítimo
con Henrique Berenguer (1147-1150)
Sucesor:
Frederico I Barbarroxa

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]