Filipe I de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Filipe I
Rei de Francia

Reinado4 de agosto de 1060 - 29 de xullo de 1108
Coroación23 de maio de 1059 (Catedral de Reims)
Nacemento23 de maio de 1052
Tours
Falecemento29 de xullo de 1108
Melun
PredecesorHenrique I
SucesorLois VI
ConsorteBerta de Holanda
Bertrada de Montfort
Casa realCasa dos Capetos
ProxenitoresHenrique I
Ana de Kíiv (1024 - 1075)

Na rede
WikiTree: Capet-120

Filipe I[1], nado en Tours, o 23 de maio de 1052 e finado en Melun o 29 de xullo de 1108. Foi o rei de Francia desde o 1060 ata 1108.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro da dinastía dos Capetos, Filipe era fillo de Henrique I e da princesa Ana de Kíiv (1024 - 1075). Foi coroado como rex designatus sendo un neno, en 1059, e ao ano seguinte finou o seu pai, actuando a súa nai como rexente ata o 1066.

Filipe I tivo que reprimir as revoltas provocadas pola fame que se estenderon por boa parte do territorio baixo o seu control. No 1077 asinou a paz con Guillerme o Conquistador, duque de Normandía, e desde a súa exitosa invasión e conquista de 1066, tamén rei de Inglaterra.

Durante o reinado de Filipe I, en 1095, tivo lugar a Primeira Cruzada, que non apoiou persoalmente a causa do seu conflito co papa Urbano II.

Filipe I morreu no castelo de Melun o 29 de xullo de 1108 e foi enterrado no mosteiro de Saint-Benoît-sur-Loire.

Matrimonio e descendentes[editar | editar a fonte]

Casou no 1072 con Berta de Holanda, filla de Florencio I, conde de Holanda (1055-1094) e de Xertrude de Saxonia. Deste matrimonio naceron:

Posteriormente Filipe I repudiou a súa dona e casou no 1092 con Bertrada de Montfort. Por tal motivo, recibiu a excomuñón no 1094 polo bispo de Lión. O papa Urbano II confirmou a medida no Concilio de Clermont en 1095, levantándoa a posterioridade, se o rei se separaba de Bertrada, o que Filipe I non cumpriu. Deste matrimonio naceron:

Predecesor:
Henrique I

Rei de Francia

10601108
Sucesor:
Lois VI

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Collection des mémoires relatifs a l'histoire de France, con introdución e anotacións de François Guizot.
    • Fragments de l'histoire des français: De l'avénement de Hughes Capet a la mort de Philippe Ier.
    • Acta da Consagración real de Filipe I, en Reims, o 23 de maio do 1059 (Procès-verbal de le sacre du Philippe Ier, à Rheims, le 23 mai 1059).