Teobaldo III de Blois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teobaldo III de Blois
Nacemento1012
Falecemento30 de setembro de 1089
Lugar de falecementoÉpernay
SoterradoÉpernay
NacionalidadeFrancia
PaiOdo II de Blois
NaiErmengarde d'Auvergne
CónxuxeGersende de Maine e Adela de Valois
FillosEstevo II de Blois, Hugues de Champagne, Philip of Champagne, Odo III, Count of Champagne e Havise de Guincamp
IrmánsStephen II of Troyes e Bertha of Blois
Na rede
WikiTree: Blois-14
editar datos en Wikidata ]
Escudo do condado de Blois.

Teobaldo III de Blois, nado en 1012 e finado en 1089, foi conde de Blois, Meaux e Troyes. Era fillo de Eudes II de Blois e Ermengarda de Auvernia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Teobaldo herdou, entre outros, os condados de Blois, Tours, Chartres, Châteaudun e Sancerre, e na Champaña Château-Thierry, Provins e Saint Florentin. O seu irmán Estevo herdou os condados de Meaux, Troyes e Vitry-le-François.

Teobaldo conspirou contra Henrique I, pero foi derrotado en 1044 e tivo que entregar o condado de Tours para recuperar a súa liberdade. A partir de entón, a sede principal da Casa de Blois pasou á Champaña. Teobaldo logrou gañar de novo a confianza real e recuperar a súa influencia. Foi nomeado conde palatino, título que xa conseguira o seu pai, e usou a influencia recuperada para facerse co control da terra que o seu irmán herdara na Champaña e agora eran gobernadas polo seu sobriño Eudes de Champaña. Eudes uniuse máis tarde ao exército de Guillerme I de Inglaterra, participando en Hastings e na posterior ocupación normanda de Inglaterra, converténdose en conde de Aumale e Holderness e casando cunha irmá de Guillerme.

A posición de Teobaldo era considerabelmente poderosa e foi fortalecida anda mis co seu casamento coa filla de Raúl de Valois. A partir de 1074 deixou ao seu fillo Estevo II o control de Blois, Châteaudun e Chartres.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Coa súa primeira muller, Xersenda do Maine, filla de Herberto I de Maine, conde de Maine, tivo un fillo: Estevo II de Blois.

Do seu matrimonio con Alix de Crepy, filla de Raúl II de Valois e Adelaida de Bar, naceron tres fillos: Filipe, bispo de Châlons-sur-Marne, Eudes, que herdou posesións na Champaña, en Troyes, e Hugo I de Champaña, primeiro conde da Champaña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bouchard, Constance Brittain (2004). "The Kingdom of the Franks to 1108". En Luscombe, David; Riley-Smith, Jonathan. The New Cambridge Medieval History. Vol. 4, Part 2. Cambridge University Press. 
  • Bradbury, Jim (1992). The Medieval Siege. The Boydell Press. 
  • Evergates, Theodore, ed. (1999). Aristocratic Women in Medieval France. University of Pennsylvania Press. 
  • Evergates, Theodore (2007). The Aristocracy in the County of Champagne, 1100-1300. University of Pennsylvania Press. 
  • Morin, Stéphane (2010). Trégor, Goëlo, Penthièvre. Le pouvoir des Comtes de Bretagne du XIIe au XIIIe siècle (en French). Presses Universitaires de Rennes. 
  • Weinfurter, Stefan (1999). The Salian Century: Main Currents in an Age of Transition. University of Pennsylvania Press.