Atalo II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAtalo II

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento220 a. C. Editar o valor em Wikidata
Morte138 a. C. Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Pérgamo Editar o valor em Wikidata
Rei
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra Gálata (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastia Atálida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEstratonice (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisÁtalo I (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Apollonis of Cyzicus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEumenes II, Philetaerus (en) Traducir e Athenaeus of Pergamon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Estatua dedicada a Atalo II

Atalo II Filadelfo ( en grego: Ἄτταλος Β' ὁ Φιλάδελφος), nado ca. 220 a.C. e finado no 138 a.C., foi rei de Pérgamo e o fundador da actual cidade turca de Antalya.

Familia[editar | editar a fonte]

Foi o segundo fillo de Atalo I Sóter e da raíña Apollonis[1], ascendeu ao trono primeiro como cogobernante co seu irmán máis vello Eumenes II no 160 a.C., ao morrer este casou coa súa viúva Estratonice de Pérgamo no ano 158 a.C.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes de se converter en rei, Atalo, xa camandou tropas, en 190 a.C. fixo fronte á invasión dos seléucidas e o ano seguinte (189 a.C.) liderou as forzas de Pérgamo que loitaron co exército romano baixo Cneo Manlio Vulsán en Galacia. No ano 182 a.C. loitou de novo contra os seléucidas, encontrándose con éxito co exército de Farnaces I do Ponto. Finalmente, axudou aos romanos unha vez máis no 171 a.C. uníndose a Publio Licinio Craso en Grecia durante a Terceira Guerra Macedonia.

Atalo II realizou frecuentes visitas diplomáticas a Roma, logo de se converter en rei, axudárono no conflito con Prusias II (156 a.C. – 154 a.C.) e ao seu lado axudaron ao pretendente Alexandre Balas a tomar o trono seléucida fronte a Demetrio I no 150 a.C. e a Nicomedes II Epifanes a tomar o trono de Bitinia fronte ao seu pai Prusias II o ano seguinte.

Atalo expandiu o seu reino coa axuda de Ariarates V de Capadocia, e fundou as cidades de Philadelphia e Atalia. Mecenas das artes e das ciencias, foi o inventor dun novo tipo de bordado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Polibio, 22.20
  2. Estrabón, 13.4.2