Viriato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viriato
Estatua de Viriato en Zamora
Nome completoViriato
NacementoDescoñecido
Defunción139 a.C.
Morte de Viriato de José de Madrazo (1807)

Viriato (180 a.C. - 139 a.C.) foi un dos líderes dos pobos lusitanos, pobos celtiberos, que se enfrontou aos romanos na Península Ibérica. Foi traizoado por un puñado de seguidores por diñeiro. Con todo, despois de morrer Viriato, os seus seguidores foron mortos ou escravizados.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viriato, un pastor e cazador nos Montes Herminios (actual Serra da Estrela en Portugal), foi elixido xefe dos lusitanos. Despois de defender vitoriosamente as súas montañas, Viriato lanzouse decididamente nunha guerra ofensiva. Entra triunfante na Hispania Citerior, (división romana da Península Ibérica en dúas provincias, Citerior e Ulterior, separadas por unha liña perpendicular ao río Ebro e que pasaba polo saltus Castulonensis (a actual Serra Morena, en Andalucía), e lanza ataques sobre as cidades que recoñecen o goberno de Roma.

En 147 a.C. oponse á rendición dos lusitanos a Caio Vetilio que os tería cercado no val do Betis, na Turdetania. Máis tarde derrotaría os romanos no desfiladeiro de Ronda, que separa a planicie do Guadalquivir da costa marítima da Andalucía, onde viría a matar ao propio Vetilio. Máis tarde, nova vitoria contra as forzas de Caio Plaucio, tomando Segóbriga e as forzas de Claudio Unimano que, en 146 a.C. era o gobernador da Hispania Citerior. No ano seguinte as tropas de Viriato voltan a derrotar os romanos comandados por Caio Níxidio.

Aínda nese ano, Fabio Máximo, irmán de Escipión o Africano, é nomeado cónsul da Hispania Citerior e encargado da campaña contra Viriato séndolle, para iso, fornecidas dúas lexións. Despois dalgunhas derrotas, Viriato consegue recuperar e, en 143 a.C. volta a derrotar os romanos, empurrándoos para Córdoba. Ao mesmo tempo, as tropas celtibéricas revoltábanse contra os romanos iniciando unha loita que só terminaría por volta de 133 a.C. coa caída de Numancia.

En 140 a.C. Viriato infrinxe unha derrota decisiva a Fabio Máximo Serviliano, novo cónsul, onde morreran en combate preto de tres mil romanos. Serviliano consegue manter a vida ofrecendo promesas e garantías da autonomía dos Lusitanos e Viriato decide non o matar. Ao chegar a Roma a noticia dese tratado, foi considerado humillante para a poder romano e o Senado volta atrás, declarando guerra contra os Lusitanos.

Así, Roma envía novo xeneral, Servilio Escipión que tiña o apoio das tropas de Popilio Lenas. Este renova os combates con Viriato, xa enfraquecido das loitas, e fórzao a pedir a paz, obrigándoo a entregar algúns compañeiros, como Astolpas, seu sogro. Envía, neste proceso, tres comisarios da súa confianza, Audas, Ditalco e Minuros. Escipión recorreu ao suborno dos compañeiros de Viriato, que asasinaron o gran xefe mentres durmía.

Despois do seu asasinato, Décimo Xunio Bruto pode marchar para o noroeste da Península, atravesando o río Douro e subxugando ao noroeste da Península Ibérica, a futura Gallaecia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]