Lotario I de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLotario I de Francia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Lothaire Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento941 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Laon Editar o valor em Wikidata
Morte2 de marzo de 986 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Laon Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadia de Saint-Remi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
King of West Francia (en) Traducir
10 de setembro de 954 – 2 de marzo de 986
← Lois IV de FranciaLois V de Francia → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Carolinxia Editar o valor em Wikidata
CónxuxeEma da Itália (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosLois V de Francia, Arnoul de France (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisLois IV de Francia Editar o valor em Wikidata  e Gerberga da Saxônia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarlos da Baixa Lorena (pt) Traducir, Matilde de Francia e Gerberge of Lorraine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Carolingian-101 Find a Grave: 6240883 Editar o valor em Wikidata
Lotario I

Lotario I de Francia, nado en Laon en 941 e finado en 986 foi rei carolinxio de Francia entre o 10 de setembro de 954 e o 1 de marzo de 986. Era fillo de Lois IV e Xerberga de Saxonia[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ascenso ao trono[editar | editar a fonte]

Foi coroado con trece anos no 954 na Abadía de Saint Rémi nunha cerimonia oficiada polo arcebispo Artaldo de Reims[2], logo da morte súbita do seu pai. Os seus comezos como gobernador estiveron baixo a tutela de Hugo o Grande, duque dos francos e conde de París, a pesar de ser inimigo do seu pai[3]. Hugo foi compensado por este traballo co control sobre o Ducado de Aquitania e gran parte de Borgoña[4]. Con este comezo, Lotario converteuse nun rei sen moita autoridade, rodeado de señores máis poderosos que el, que realmente eran inimigos velados, incluído Heriberto II de Vermandois que xa actuara de xeito traizoeiro co seu avó Carlos o Simple[5]. No 955 Lotario e Hugo foron tomar Poitiers. Durante o cerco, Hugo morreu e o rei tomou ao seu cargo os seus fillos (Hugo Capeto e Henrique) poñéndoos baixo a custodia do seu tío materno, o arcebispo Brunón de Colonia.

Conflitos militares en Lorena[editar | editar a fonte]

Lotario loitando contra Otón II.

O conde Balduíno III de Flandres morrera en 962 despois dunha expedición contra os normandos en apoio do rei. Lotario foi a Flandres para tomar posesión do goberno, porque o fillo do falecido aínda era moi novo e así o dispuxera o avó do neno Arnulfo I[6]. Por un tempo Lotario asumiu o control de Arras e Douai[7]. Pero non conforme con isto quixo recuperar as terras da Lotarinxia que foran parte do reino dos seus antepasados e entrou en conflito co emperador Otón II. En 978, Lotario con Hugo Capeto cruzaron o río Mosa e atacaron o palacio imperial de Aachen cambiando a dirección da aguia imperial de Carlemagno virada cara ao oeste (Francia)[8][9]. Otón II vingouse o outono seguinte cunha incursión militar que chegou ata Reims, pasando por París e devastando a abadía de San Medardo en Soissons[10]. As forzas de Lotario só conseguiron contraatacar a retagarda do exército de Otón cando regresaba á súa terra natal. Asinouse a paz en xullo de 980 en Margut-sur-Chiers.

O secuestro de Otón III[editar | editar a fonte]

Á morte de Otón II, o 7 de decembro de 983, Henrique II de Baviera secuestrou o fillo de tres anos do emperador Otón III, coa esperanza de conseguir a coroa[11]. O arcebispo de Reims Adalberón pediulle ao rei Lotario que se enfrontase a Henrique, pero o asunto resolveuse por si mesmo cando a mediados do 984 a emperatriz Teófana e o arcebispo de Mainz Willigis deron rescatado o neno.

Orixe da independencia catalá[editar | editar a fonte]

O caudillo musulmán Almanzor arrasou moitos territorios cristiáns na Península Ibérica.

En 985, o conde de Barcelona Borrell II enviou emisarios ao rei Lotario para pedir axuda para loitar contra a invasión de Almanzor, pero Lotario estaba enfermo e tiña problemas por resolver no condado de Verdún, e non lle enviou axuda ningunha[12]. Isto motivou a ruptura definitiva da relación de vasalaxe dos condados cataláns coa coroa francesa. Para que quedase máis claro, o conde Borrell non asistiu á coroación dos seguintes reis nin lles rendeu homenaxe.

Os últimos días de Lotario[editar | editar a fonte]

Escultura do rei Lotario no museo de Saint Rémi.

O descrédito de Lotario alcanzou tal punto que Xerberto de Aurillac escribiu nunha carta ao arcebispo Adalberon de Reims que: "Lotario é só rei de Francia de nome; Hugo [Capeto], pola súa banda, non só é de nome senón de feito e vontade"[13]. Non moito tempo despois, o arcebispo falou abertamente a favor dos Otónianos e tratou de influír en Hugo para que fixese o mesmo, mellorando a súa relación con Otón III[11]. O rei deuse conta da situación e convocou un encontro con Adalberón baixo falsos pretextos e, unha vez alí, acusouno de traizón[14]. Pero a asemblea foi disolta pola chegada de Hugo Capeto e o seu exército antes de que se chegase a pronunciar un veredicto. Dúas semanas despois, o 2 de marzo do 986 Lotario faleceu en Laon[1].

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Casou con Emma de Italia, filla de Lotario II de Italia, coa que tivo dous fillos:

  • Lois, que sucedería ao seu pai no trono e sería o último rei carolinxio, Lois V de Francia[15].
  • Odón (m. c. 13 de novembro de 986), cóengo en Reims[1].

Lotario tivo dous fillos ilexítimos[16]:

  • Arnulfo, arcebispo de Reims.
  • Ricardo (m. despois de 991).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Detlev Schwennicke:" Europäische Stammtafeln: Stammtafeln zur Geschichte der Europäischen Staaten, Neue Folge", Capítulo II (Marburg, Germany: J. A. Stargardt, 1984), táboa 1
  2. Steven Fanning: "The Annals of Flodoard of Reims, 916–966", eds & trans. Bernard S. Bachrach (New York; Ontario, Can: University of Toronto Press, 2011), p. 60
  3. Steven Fanning: "The Annals of Flodoard of Reims, 916–966", eds & trans. Bernard S. Bachrach (New York; Ontario, Can: University of Toronto Press, 2011), p.19
  4. Bourchard, Constance Brittain: "Burgundy and Provence:879-1032", en Reuter, Timothy; McKitterick, Rosamond; Abulafia, David. "The New Cambridge Medieval History": Vol. III, 1999- c.1024 ("Introduction: Reading the Tenth Century") III (1. publ. ed.). Cambridge: Cambridge University Press, páx. 336. ISBN 0521364477
  5. George Holmes:"The Oxford Illustrated History of Medieval Europe" (Oxford; New York: Oxford University Press, 1988), páx. 163
  6. The Annals of Flodoard of Reims, 916-966, Ed. & Trans. Steven Fanning & Bernard S. Bachrach (University of Toronto Press, CA, 2004) 44F & n. 219
  7. Pierre Riché:"The Carolingians. A Family Who Forged Europe", (Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1993), pp. 264–65
  8. Jim Bradbury:"The Capetians: Kings of France", 987-1328 (London: Hambledon Continuum, 2007), páx. 43
  9. Richer of Saint-Rémy:" Histoire de France, (888-995)", ed. R. Latouche (Paris: Les Belles Lettres 1964), páx. 89
  10. Pierre Riché:"The Carolingians. A Family Who Forged Europe", (Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1993), pp. 276-77
  11. 11,0 11,1 Pierre Riché:"The Carolingians. A Family Who Forged Europe", (Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1993), pp. 277
  12. Pierre Riché:"The Carolingians. A Family Who Forged Europe", (Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1993), pp. 266
  13. Andrew W Lewis:"Royal Succession in Capetian France: Studies on Familial Order and the State" (Cambridge, MA: Harvard University Press, 1981), páx. 15
  14. Pierre Riché:"The Carolingians. A Family Who Forged Europe", (Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1993), pp. 278
  15. Història medieval de Catalunya. Edicions Universitat Barcelona. 2005. ISBN 8447529126. 
  16. Eleanor Shipley Duckett"Death and life in the tenth century" (Ann Arbor: University of Michigan Press, 1967), páx. 118