Guthred

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuthred
Biografía
Nacementoséculo IX Editar o valor em Wikidata
Morte895 Editar o valor em Wikidata
York Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Iorque (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei de Northumbria
883 (Gregoriano) – 895 (Gregoriano)
← Halfdan RagnarssonSichfrith Jarl (en) Traducir →
Monarca
Editar o valor em Wikidata

Guthred (ou Guthfrith) (nórdico antigo: Guðroðr), finado en 895, foi un caudillo viquingo de Northumbria, rei escandinavo de Jórvik cara ao ano 883 até a súa morte[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O primeiro rei viquingo de York coñecido foi Halfdan Ragnarsson, expulsado en 877. En 883 Simeón de Durham escribe na súa Historia dos Reis:

«Guthred, dun escravo, foi feito rei».

Pero na súa Historia da Igrexa de Durham expande a información tras a expulsión de Halfdan:

Durante este tempo o exército [viquingo], así como os habitantes que sobreviviron, estaban sen un rei, inseguros; co cal o bieito San Cuthberht se apareceu nunha visión ao abade Eadred Lulisc do mosteiro de Carlisle<…>[e] dirixiuse a el coas seguintes palabras: - Vai ao exército dos daneses, dixo, e anúncialles que ves como mensaxeiro, e pregunta onde podes atopar un mozo chamado Guthred, fillo de Hardacnut, a quen venderon a unha viúva. Tras atopalo, pagoulle á viúva o prezo da súa liberdade, permitiulle presentalo fronte a todo o exército antes mencionado; e é a miña vontade e desexo, que sexa elixido e nomeado rei en Oswiesdune, (é dicir, o outeiro de Oswin), e permitir que o brazalete se coloque no seu brazo dereito.
Simeón de Durham, Historia da Igrexa de Durham, Cap. XXVIII

O historiador medieval Æthelweard, cuxo traballo (o Chronicon) é unha fonte moito máis fiábel sobre o período que a obra de Simeón, recolle en 895:

Obiit et Guthfrid, rex Northhymbriorum, in natalitis sancti Bartholomæi apostoli; cuius mausoleatur Euoraca corpus in urbe in basilica summa.
Alí tamén morreu Guthfrith, rei dos northumbrios, na festividade do apóstolo San Bartomeu [24 de agosto]; o seu corpo repousa na cidade de York na igrexa principal.
Cuarto libro da Crónica de Aethelweard[2]

Por tanto, Guthred morreu o 24 de agosto de 895 (ou quizais 894) e foi enterrado na antiga igrexa, sede episcopal anterior á catedral de York[3][4].

No entanto non está claro se Guthfrith era cristián, aínda que as súas relacións coa comunidade de San Cuthberht eran cordiais, a cal era unha forza influente na antiga Bernicia, e que permanecera fóra da influencia de Halfdan, cuxa autoridade se limitaba ao antigo reino de Deira. Concedeu moitas terras entre o río Tyne e o río Wear para a comunidade, propiedades que xa pertenceron ao mosteiro de Wearmouth-Jarrow e formaron o núcleo das terras da igrexa de Durham. Outras terras, na desembocadura do río Tees, Guthred permitiu a Eadred adquirilas para a igrexa[3].

Simeón tamén cita que Guthred se enfrontou a unha grande invasión escocesa, que derrotou coa axuda de San Cuthberht[5].

Cultura popular[editar | editar a fonte]

Guthred aparece como personaxe de Crónicas saxoas de Bernard Cornwell, principalmente nos señores do norte (2006)[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Forte, Oram, and Pedersen (2005), Viking Empires, ISBN 0-521-82992-5 Cap. III p. 77.
  2. "The Fourth Book of the Chronicle of Aethelweard". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2008. Consultado o 23 de xaneiro de 2009. 
  3. 3,0 3,1 Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  4. Mike Ashley The Mammoth Book of British Kings & Queens Robinson London ISBN 1841190969 (NC3).
  5. Simeón de Durham, History of the Church of Durham, Caps. XXVIII–XXIX.
  6. Wikipedia en inglés: the Lords of the North

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]