Al-Jahiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Al-Jahiz
Nome completoAbū ʿUthman ʿAmr ibn Baḥr al-Kinānīal-Baṣrī
Alcumeالجاحظ
Nacemento775
Lugar de nacementoBasora
Falecementodecembro de 868 e xaneiro de 869
Lugar de falecementoBasora
Causafalling from height
EtniaÁrabes
RelixiónIslam
Ocupaciónfilólogo, escritor, poeta, biólogo, zoólogo e historiador
Coñecido porTreatise on Blacks, The Book of eloquence and demonstration, Kitāb al-Hayawān, Book of Misers, Pros and Cons e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Al-Jāḥiẓ ( árabe: الجاحظ), nado como Abū ʿUthman ʿAmr ibn Baḥr al-Kinānīal-Baṣrī أبو عثمان عمرو بن بحر الكناني البصري) en 776 en Basora e finado en decembro de 868, ou xaneiro de 869, foi un escritor e teólogo mu'tazili do época do califato abbásida.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedía dunha familia moi pobre da tribo dos Banu Kinanah.[1]

De neno vendía peixe nas canles de Basora para axudar a familia. Malia as dificultades financeiras ía con outros mozos á mesquita para discutir diferentes materias científicas, e tamén acudía a disertacións dadas por expertos en filoloxía, lexicografía e poesía. Ao longo dos anos acadou un coñecemento considerable da poesía, filoloxía e historia preislámica árabe. Tamén estudou o Corán e os hadiths. Ademais, al-Jāḥiẓ lía libros traducidos do grego de ciencias e filosofía helenística, especialmente de Aristóteles. O período que vivía o califato abbásida facilitou a súa educación, era un período de revolución cultural e intelectual, dispoñer de libros era doado o que facilitaba o coñecemento.

Unha xirafa. Debuxo de Kitab al-Hayawan

Durante a súa vida escribiu arredor de douscentos libros de moi diversos temas, gramática árabe, zooloxía, poesía, lexicografía, e retórica. Consérvanse trinta libros e fragmentos doutros moitos. Así e todo, a maioría das súas obras teolóxicas e políticas non se conservan [2]. Al-Jāḥiẓ foi tamén un dos primeiros escritores árabes en suxerir unha revisión completa do sistema gramatical da lingua, algo que retomaría Ibn Maḍā dous séculos despois[3].

Al-Jāḥiẓ mudouse a Bagdad, entón a capital do califato no ano 816. Os Abbásidas favoreceron os científicos e eruditos e fundaron a Casa da Sabedoría. Por mor deste padroádego dos califas e a súa ansia de establecer e lograr unha audiencia máis ampla, al-Jāḥiẓ permaneceu en Bagdad (e máis tarde en Samarra, e alí escribiu moitos dos seus libros. Gozou do mecenado de Al-Fath ibn Khaqan, favorito do califa Al-Mutawakkil, mais despois do seu asasinato en decembro de 861 deixou Samarra para ir á súa localidade natal.

Libros[editar | editar a fonte]

Unha páxina de Kitāb al-hayawān amosando unha avestruz (Struthio camelus) nun niño con ovos.

Kitab al-hayawan[editar | editar a fonte]

Kitab al-hayawan é unha enciclopedia en sete volumes con anécdotas, proverbios e descricións poéticas de 350 variedades de animais.

Kitab al-bukhala[editar | editar a fonte]

Kitab al-bukhala é unha colección de historias sobre a avaricia, emprega un ton humorístico e satírico e constitúe o mellor exemplo de prosa do autor. No libro ridiculiza a mestres, esmoleiros, cantantes e escribas polo seu comportamento avarento.

Kitab al-bayan wa al-tabyin[editar | editar a fonte]

Kitab al-bayan wa al-tabyinn é unha das súas últimas obras, nela escribiu sobre epifanías, discursos retóricos, líderes sectarios e príncipes. Considérase o primeiro chanzo na teoría literaria árabe seguindo un modelo sistemático e formal[4]. Al-Jahiz define a elocuencia como a habilidade do falante para elaborar unha mensaxe eficaz ao tempo que breve e elaborada[5].

Kitab mufakharat al-jawari wa l-ghilman[editar | editar a fonte]

Kitab mufakharat al-jawari wa l-ghilman é unha obra sobre concubinas e efebos. Os contos eróticos que a compoñen manifestan unha sensualidade desfreada, revelando como se percibía a sexualidade na época.

Risalat mufakharat al-sudan ʿala al-baydan[editar | editar a fonte]

En Risalat mufakharat al-sudan ʿala al-bayda celebra a superioridade da raza negra sobre a branca[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Yāqūt (1993) Irshād al-arīb ilá ma`rifat al-adīb Beirut: Dār al-Gharb al-Islāmī, vol. 5, p. 2102
  2. "Al-Jāḥiẓ", Encyclopaedia Britannica
  3. Shawqi Daif (1947) Refutation of the Grammarians. Cairo p. 48.
  4. G. J. H. Van Gelder, Beyond the Line: Classical Arabic Literary Critics on the Coherence and Unity of the Poem, p. 2.
  5. G.J. van Gelder (1978) "Brevity in Classical Arabic Literary Theory." in Proceedings of the Ninth Congress of the Union Européenne Des Arabisants Et Islamisants: Amsterdam, p. 81
  6. Yosef A.A. Ben-Jochannan (1991), African Origins of Major Western Religions. Black Classic Press, pp. 231 e 238.