Ramiro I de Oviedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamiro I de Oviedo

Ramiro I no Cartulario Máximo da catedral compostelá, 1780-81.
Biografía
Nacementoc. 791 Editar o valor em Wikidata
Oviedo Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 850 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Oviedo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturapanteón real da catedral de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Monarca do Reino de Asturias
842 – 850
← Afonso II de OviedoOrdoño I de Oviedo → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Asturias Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoReconquista Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de Asturias Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor em Wikidata
CónxuxePaterna (en) Traducir
Urraca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosOrdoño I de Oviedo
 () Urraca (en) Traducir
Rodrigo II de Castela (pt) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
PaiVermudo I o Diácono Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Asturias-6

Ramiro I, nado ca. do ano 792, sucedeu a Afonso II como rei de Galiza[1] após depoñer o nobre palatino Nepociano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bandeira de Ramiro I durante a batalla de Clavijo.[2]

Pasou a mocidade na corte ovetense. Parente do rei Afonso II (talvez sobriño), foi nomeado herdeiro cara ao ano 829, sendo a continuación enviado á Galiza nuclear, un xeito de asegurar a súa sucesión.[3]

Morto Afonso "o casto" sen herdeiros, o trono foi ocupado por Nepociano, segundo a Crónica Albeldense, un nobre emparentado co propio rei que contaba con apoios na parte oriental do reino. Porén, Ramiro foi coroado como rei en Lugo polos seus partidarios en xaneiro do ano 843[4], marchando a continuación contra Oviedo. Nepociano, cun exército de ástures e vascóns, saíu ao seu paso enfrontándoo nas proximidades da ponte do río Narcea. As forzas de Ramiro impuxéronse doadamente facendo fuxir a Nepociano quen, unha vez capturado foi cegado e confinado nun mosteiro por orde do rei Ramiro.[5]

Durante o seu conflitivo reinado, Ramiro enfrontou incursións musulmáns por mar e terra e os primeiros ataques dos normandos. Segundo os Annales Bertiniani, no 1 de agosto de 844, un grupo procedente dunha expedición pola costa francesa foi rexeitado polo seu exército nos arredores da Coruña forzándoos a continuar cara Lisboa.[6][7]

Ao seu tempo fíxose remontar posteriormente a ficticia batalla de Clavijo coa que se inventou a tradición do "Voto de Santiago". Cedeu a coroa ao seu fillo Ordoño I á súa morte no ano 850[8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carballeira Debasa, Ana María (2007). Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales. CSIC. p. 136. Ramiro rei dos galegos (citando a Ibn Haián, Ibn Khaldun e al-Qalqashandi) 
  2. "Bandeiras Cristiás Galegas: A Cruz de Santiago, Santo Patrón de Galicia". www.bandeiragalega.com. Consultado o 2022-09-20. 
  3. Cotarelo Valledor (1933). p.43
  4. Carriedo Tejedo, Manuel (2002). "La coronación de Ramiro I en Lugo (enero de 843)" (PDF). Lucensia (25): 346–348. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2020. Consultado o 30 de decembro de 2020. 
  5. Peres Vigo, Alexandre (2022-09-20). "Ramiro I e Ordoño I. Uns novos reis galaicos". Nós Diario. Consultado o 2022-09-20. 
  6. Sánchez Pardo 2010, p. 61.
  7. Sánchez Prado, Jose Carlos (2010). "Los ataques vikingos y su influencia en la Galicia de los siglox IX-X" (PDF). Anuario Brigantino (33): 61. 
  8. Crego Gómez, María. La fuente árabe de la historia del Emirato omeya de al-Andalus en la Historia Arabum de Jiménez de Rada. mortuus est Ranimirus filius veremudi rex gallecie et filius eius Ordonius successit in regno 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Os reis e as raíñas da Galiza.
Ramiro I e Ordoño I. Uns novos reis galaicos.
(Nós Diario, 20.09.2022)

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Reino de Galicia

Segue a:
Nepociano (nobre)
Ramiro I de Oviedo
Precede a:
Ordoño I
Dinastía dos Ramírez (842-910)