Tu Fu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tu Fu
Debuxo artístico, posterior á morte do poeta Du Fu
Nome completo杜甫
Nacemento712
Lugar de nacementoGongyi
Falecemento770
Lugar de falecementoTanzhou
Soterradotomb of Du Fu
NacionalidadeDinastía Tang
Ocupaciónpoeta, escritor e calígrafo
PaiDu Xian
FillosDu Zongwen, Du Zongwu e Du Siye
Na rede
Musicbrainz: 7a7163e0-53cc-4200-8c2b-f95f48ac3c45 Discogs: 2540662 IMSLP: Category:Du,_Fu Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Du Fu (chinés tradicional e simplificado: 杜甫, pinyin: Dù Fǔ; Wade-Giles: Tu4 Fu3), tamén coñecido como Dù Shàolíng (杜少陵) ou Dù Gōngbù (杜工部), nado en Gongyi no ano 712 e finado en Tanzhou en 770, foi un destacado poeta chinés durante a época da dinastía Tang. O seu nome de cortesía era Zǐ Měi (子美).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Contemporáneo e amigo de Li Bai (Li Po), a súa poesía tivo, porén, un carácter máis político e social que a de Li Bai. A pesar de suspender os exames imperiais nunha ocasión, chegou a se converter en funcionario do Estado, traballando na corte do emperador Tang Suzong.

A súa vida pasou por moitas vicisitudes, a principal das cales sería a rebelión de An Lushan de 755, que desestabilizou todo o país e obrigou a Du Fu a abandonar, xunto á corte Tang, a capital Chang'an. Pasaría o resto da súa vida en condicións moi precarias.

Debido á orixinalidade da súa obra, non logrou un gran recoñecemento durante a súa vida. Porén, o seu prestixio e fama non cesarían de crecer tras a súa morte, chegando a se converter nun dos máis grandes escritores da historia chinesa, cuxa influencia pasou a xeracións posteriores de poetas tanto na China como no Xapón.