Ervixio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ervixio
Nacemento643
Falecemento15 de novembro de 687
Lugar de falecementoToledo
Ocupaciónmonarca
PaiArdabast
CónxuxeLiuvigoto
FillosCixilo
Na rede
WikiTree: Visigoths-38
editar datos en Wikidata ]

Ervixio, finado no ano 687, foi un rei visigodo que reinou entre os anos 680 e 687.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Usurpador do trono de Toledo, en conxura con outros nobres, traizoou o rei Vamba. Foi coroado e unxido en 21 de outubro de 680 (680 - novembro 687). Perseguiu aos xudeus sendo axudado niso polo bispo Xiao de Toledo, el propio un xudeu converso. Casou con Liuvigoto, filla de Suintila, rei dos Visigodos (621-635) e de Teodora, neta do rei Recaredo I e de Bado, filla de Fonso, conde dos Patrimonios.

Co obxecto de asegurar o trono, casou á súa filla Cixilona con Éxica, un sobriño de Vamba, buscando unir así ás dúas familias e evitar que os nobres partidarios de Vamba tratasen de recuperar o poder tras a súa morte.

No 687, Ervixio enfermou gravemente e designou como sucesor ao seu xenro Éxica, en quen abdicou. Morreu o 15 de novembro dese ano.


Predecesor:
Vamba
 Rei dos visigodos 
680-687
Sucesor:
Éxica

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]