Teodorico II, rei franco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeodorico II, rei franco
Nome orixinal(fr) Thierry II Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento587 Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte613 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Metz Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Disentería Editar o valor em Wikidata)
Rei
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei dos francos (612–613)
Rei dos francos (595–613) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Merovinxia Editar o valor em Wikidata
CónxuxeErmenberga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosSixeberto II, Corbo (pt) Traducir, Childeberto (pt) Traducir, Meroveo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisKhildeberto II Editar o valor em Wikidata  e Faileuba (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsTeodeberto II e Theodila (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Merovingian-77


Teodorico II (Thierry II en francés, tamén Teoderico), nado no 587 e finado no 613, foi rei de Austrasia e Borgoña. O seu pai Khildeberto II cando morreu dividiu o reino entre os seus dous fillos. Teodorico herdou o reino de Borgoña cando só tiña oito anos de idade. A súa avoa Brunequilda, exercía a rexencia desde a corte do seu irmán Teodeberto II en Austrasia. Pero cando Teodeberto casa, a súa nai non está de acordo, polo que foi expulsada da corte de Austrasia para dirixirse a Borgoña.

Teodorico casa con Ermenberta, filla do rei visigodo Recaredo. Brunequilda volve protestar por esta voda e consegue que se divorcie.

Os fillos de Khilderico loitan xuntos contra Clotario II que intentara invadir Austrasia e Borgoña. No ano 612, Brunequilda incita a Teodorico a atacar a Teodeberto e vénceo na batalla de Toul. Teodeberto foi encarcerado e morto co seu fillo. Así, Teodorico convértese en rei de Austrasia e Borgoña.

O ano seguinte Teodorico morre e Brunequilda intenta desesperadamente manter o poder instalando no trono a Sixeberto, fillo de Teodorico, pero os nobres de Austrasia, que a expulsaron uns anos antes, entregárona a Clotario II, que, segundo a lenda, atou á anciá á cola dun cabalo salvaxe e deixouna que morrese arrastrada. Tamén mandou asasinar os fillos de Teodorico e no 614 foi recoñecido rei de todos os francos.