Clotilde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaClotilde

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Clotilde, Clothilde
(la) Crotechildis
(de) Crochtechilde
(es) Cloetilde (español) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento474 Editar o valor em Wikidata
Lión Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 545 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Tours Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Notre-Dame de París Editar o valor em Wikidata
Raíña dos francos
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Borgoña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónconsorte Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa3 de xuño Editar o valor em Wikidata
Patrón deBride (en) Traducir, viúva, exilio, proxenitor e Adopción Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloBurgund prince (en) Traducir
Raíña dos francos Editar o valor em Wikidata
FamiliaBurgundian dynasty (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeClodoveo I (493 (Gregoriano)–511 (Gregoriano)), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
FillosClodomiro, Clotilde (pt) Traducir, Childeberto I, Clotario I, Ingomer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiChilperico II da Borgonha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Burgunden-7

Clotilde, nada en Lión o 475 e finada o 3 de xuño do 545, foi unha princesa burgundia e raíña dos francos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Chilperico II de Burgundia. A sona da súa beleza e posibles alianzas políticas fixeron que o rei pagán dos francos Clodoveo I casara con ela no ano 492. Tivo que padecer a dor do asasinato dos seus pais por parte do seu tío Gundevaldo no ano 493. O seu primoxénito Ingomiro, finou ao pouco de nacer.

Afervoada cristiá, rachou a tradición das elites francas bautizando ao seu segundo fillo Clodomiro e, máis tarde, conseguiu a conversión do seu home. Este era remiso pola humillación ante os seus xenerais de abandonar os seus deuses guerreiros ancestrais por desexos da súa muller. Porén, o catolicismo era a relixión maioritaria da poboación galoromana polo que necesitaba a súa adhesión para exercer a auctoritas sobre a Galia. Este apoio viuse fundamental ante a ameaza da invasión alamana vencida na batalla de Tolbiac. Finalmente, foi bautizado polo bispo Remixio de Reims, no ano 496, xunto con tres mil guerreiros francos na igrexa de San Martiño de Tours. Aínda que este acontecemento se ten visto como o nacemento do primeiro reino medieval, o certo que e xa existía un precedente no Reino Suevo da Gallaecia con Requiario

Clotilde impulsou a evanxelización dos francos e favoreceu a organización de esmolas e a atención aos esfameados e doentes. Isto contribuíu ao recoñecemento da autoridade dos xermanos en toda a Galia.

Fracasou nos intentos de reconciliación entre os seus fillos Clodomiro, Khildeberto I e Clotario I, tralo pasamento do seu home no ano 511. Retirouse a Tours onde se adicou á esmola e a oración.

Legado[editar | editar a fonte]

Gregorio de Tours deixou dela unha visión histórica probablemente idealizada. Venerada como santa pola Igrexa Católica, as súas reliquias foron destruídas na Revolución francesa.