B'utz Aj Sak Chiik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaB'utz Aj Sak Chiik

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 459 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Morte501 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Ajaw de Palenque
28 de xullo de 487 – 501
← Casper (gobernante maia)Ahkal Mo' Nahb I → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobos maias Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAhkal Mo' Nahb I Editar o valor em Wikidata

B'utz Aj Sak Chiik, nado o 15 de novembro de 459 e finado en 501, foi un ahau maia que gobernou a cidade estado de Palenque. É tamén referido como Manik (Man) ou simplemente Sak Chik. Propuxéronse as traducións de Calandria Fumarenta.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 9.1.4.5.0 12 ajau 13 zac da conta longa do calendario maia, é dicir, o 14 de novembro de 459. Foi entronizado o 9.2.12.6.18 3 etz'nab 11 xul, é dicir, o 28 de xullo de 487, e gobernou até o ano 501.[2]

Non se descubriron taboleiros que representen en altorrelevo a silueta deste gobernante, mais o seu nome aparece no taboleiro do Templo da Cruz e no taboleiro do Templo XVII.[3] É probable que o seu sucesor, Ahkal Mo' Nahb I, sexa o seu irmán.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Skidmore, 2008; 19, nota 12
  2. Florescano, 2009; 235
  3. Skidmore, 2008; 18
  4. Spencer, 2007; 40

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]