Ceferino, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCeferino, papa

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Zephyrinus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Roma (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
Morte20 de decembro de 217 Editar o valor em Wikidata
Roma (Imperio Romano) Editar o valor em Wikidata
15º Papa
199 – 20 de decembro de 217
← Vítor ICalisto I → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadesen valor Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa26 de agosto Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Di_Roma-82 Find a Grave: 76842382 Editar o valor em Wikidata

Ceferino, chamado logo san Ceferino, nado en Roma e morto na mesma cidade o 20 de decembro de 217, foi bispo cristián de Roma entre o 199 e a data da súa morte.

Vida e pontificado[editar | editar a fonte]

Aínda que non se teñen grandes detalles da vida de san Ceferino, coñécense bastante ben dous aspectos cruciais do seu pontificado. En primeiro lugar, que a represión e persecución romana contra o cristianismo, que acalmara nos tempos de Cómodo e nos primeiros anos de Septimio Severo, coñeceu unha forte repunta, se ben non se coñecen as cifras e incidencia reais desta campaña[1]. Esta persecución minguou con Caracalla e recruou con Macrino.

A outra gran chave do pontificado é a discrepancia pública do crego Hipólito a respecto da cuestión da ensinanza da figura de Cristo. Esta disputa agravaríase durante o pontificado de Calisto I, que foi diácono de Ceferino, o seu principal conselleiro e o seu guía teolóxico. Precisamente, un dos problemas á hora de achegarse á vida de Ceferino é que a principal fonte bibliográfica son os Philosophymena escritos por Hipólito, e onde se nos presenta un papa incapaz, ignorante e iracundo.

A estas polémicas, e aos movementos gnósticos e montanistas anteriores, houbo que sumarlle a discrepancia de Sabelio de Libia, que opinaba que a Trindade non estaba formada por un único deus e tres persoas distintas. Podería ser incluso que, sen respaldala completamente, esta fose a opinión defendida polo papa para enfrontarse ao montanismo.

Crese que foi no tempo de Ceferino cando se introduciron de cálices de vidro na cerimonia da consagración, en substitución dos de madeira. Ceferino é o responsábel das obras das catacumbas da vía Apia, onde foron soterrados a maior parte dos papas desta época, empezando por el mesmo.

Morte e santidade[editar | editar a fonte]

Como todos os papas anteriores ao edicto de Milán, foi considerado santo. Tamén se ten sinalado que foi mártir, se ben isto non está demostrado. A súa festa é o 26 de agosto.

Parroquias en Galicia[editar | editar a fonte]

Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de san Ceferino.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Donald Attwater. A Dictionary of the Popes, The Catholic Book Club. Londres, 1939. páx. 12

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.