John Vincent Atanasoff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Vincent Atanasoff

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) John Vincent Atanasoff
(bg) Джон Винсънт Атанасов Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1903 Editar o valor em Wikidata
Hamilton, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xuño de 1997 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Frederick, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteIctus Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Wisconsin-Madison
Mulberry High School (en) Traducir
Universidade da Flórida (pt) Traducir
Iowa State University (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseJohn Hasbrouck van Vleck Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , matemático , informático teórico , profesor universitario , inventor , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorIowa State University (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoClifford Berry (pt) Traducir, Charles Joseph Thorne (en) Traducir e Roy Herbert Cook (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Atanasoff-5 Find a Grave: 10142061 Editar o valor em Wikidata

John Vincent Atanasoff, nado en Hamilton (Nova York) o 4 de outubro de 1903 e finado en Frederick (Maryland) o 15 de xuño de 1995, foi un físico e inventor estadounidense, coñecido por ser o inventor dun dos primeiros computadores dixitais.[1]

Atanasoff inventou o primeiro computador dixital na década de 1930 no Iowa State College. A dúbidas sobre esta afirmación resolvéronse en 1973 cando a sentenza de Honeywell v. Sperry Rand declarou a Atanasoff como o inventor do computador.[2][3][4][5] A súa máquina foi coñecida como computador Atanasoff–Berry.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Atanasoff naceu en Hamilton, Nova York. O seu pai, Ivan Atanasov era de ascendencia búlgara, nado en 1876 na vila de Boyadzhik, preto de Yambol, entón no Imperio Otomán. Mentres Ivan aínda era un neno, o seu propio pai foi asasinado por soldados otománs tralo levantamento de abril búlgaro.[6] En 1889, Ivan Atanasov emigrou aos Estados Unidos co seu tío, e chegou a ser enxeñeiro eléctrico, mentres que a súa nai, Iva Lucena Purdy (de orixe francesa e irlandesa), era profesora de matemáticas nunha escola. As ambicións e os intereses intelectuais do novo Atanasoff estaban en parte influídas polos seus pais, interesados nas ciencias naturais e aplicadas e que imbuíron nel un sentido de curiosidade crítica.

Atanasoff criouse en Brewster, Florida. Aos nove anos aprendeu a usar unha regra de cálculo, ao que seguiu o estudo dos logaritmos, e posteriormente rematou a secundaria no Mulberry High School en dous anos. En 1925, recibiu o seu grao en ciencias en enxeñaría eléctrica pola Universidade de Florida.

Continuou a súa educación no Iowa State College e en 1926 obtivo un grao en matemáticas. Completou a súa educación formal en 1930 recibindo un doutoramento na Universidade de Wisconsin–Madison coa súa tese, The Dielectric Constant of Helium. Tras completar o seu doutoramento, Atanasoff aceptou un posto como profesor axudante no Iowa State College en matemáticas e física.

Disputa sobre a propiedade intelectual[editar | editar a fonte]

Atanasoff coñece a Mauchly[editar | editar a fonte]

John Atanasoff coñeceu a John Mauchly na American Association for the Advancement of Science celebrado en Filadelfia en deembro de 1940, onde Mauchly realizaba unha demostración do seu "harmonic analyzer". Era unha calculadora analóxica para a análise de datos meteorolóxicos. Atanosoff falou a Mauchly sobre o seu novo enxeño dixital e invitouno a velo. Durante esa mesma viaxe a Filadelfia, Atanasoff e Berry visitaron a oficina de patentes en Washington, onde a súa investigación lles asegurou que os conceptos en que se baseaba a súa máquina eran novos.

O 15 de xaneiro de 1941, un artigo aparecido no Des Moines Register falaba do ABC como "unha máquina de computación electrónica" con máis de 300 tubos de baleiro que podía "calcular complicadas ecuacións alxébricas". En xuño de 1941 Mauchly visitou a Atanasoff en Ames, Iowa, para ver o ABC. Durante eses catro días como convidado de Atanasoff, Mauchly discutiu minuciosamente o prototipo do ABC, examinouno, e revisou o deseño manuscrito de Atanasoff en detalle. Antes desa visita, Mauchly no propuxera o deseño dun computador dixital. En setembro de 1942 Atanasoff abandonou o Iowa State por un posto no Naval Ordenance Laboratory de Washington, D.C.. Confiou a solicitude da patente do ABC aos administradores do Iowa State College. A solicitude nunca foi completada.

Mauchly visitou a Atanasoff en múltiples ocasións en Washington durante 1943 e discutiron teorías de computación, mais non mencionou que andaba a traballar nun proxecto para a construción dun computador. O traballo persoal de Mauchly, como el mesmo dixo, era demasiado secreto para ser revelado. A construción do ENIAC de John Mauchly coa axuda de J. Presper Eckert entre 1943 e 1946, o primeiro computador de Turing (é dicir, que pode realizar as mesmas funcións que a máquina teórica de Nactt), suscitou a controversia sobre quen era o verdadeiro inventor do computador moderno.

Xuízo pola patente[editar | editar a fonte]

Réplica de 1997 do computador Atanasoff-Berry, Durham Center, Iowa State University

A disputa sobre os dereitos da patente desembocaron nun preito o 26 de maio de 1967 de Honeywell Inc. contra a patente do ENIAC, defendida por Sperry Rand en nome de Mauchly e Eckert no xulgado do distrito de Minneapolis, Minnesota. O proceso, un dos máis longos e custosos nos xulgados federais no seu tempo, comezou o 1 de xuño de 1971 e durou ata o 13 de marzo de 1972 e contou con 77 testemuñas. Foi resolto legalmente o venres 19 de outubro de 1973, cando o xuíz de distrito Earl R. Larson declarou inválida a patente, ditaminando que o ENIAC herdara moitas ideas clave do computador Atanasoff-Berry. O xuíz Larson dixo textualmente, "Eckert e Mauchly non inventaron eles sós o primeiro computador electrónico, senón que partiron dende un do Dr. John Vincent Atanasoff". A decisión en Honeywell Inc. contra Sperry Rand Corp. et al. foi tan ben corroborada que non houbo apelación. Con todo, o veredicto foi pouco publicitado no seu tempo, quizais porque quedou ensombrecido polo caso Watergate. A pesar da reivindicación de Atanasoff, a súa vitoria non foi completa, xa que o ENIAC, e non o ABC, continúa a ser considerado o primeiro computador moderno.

Despois da guerra[editar | editar a fonte]

Tras rematar a segunda guerra mundial Atanasoff continuou a traballar para o goberno e desenvolveu sismógrafos e microbarómetros, especializados na detección de explosións a longa distancia. En 1952 fundou e dirixiu a Ordnance Engineering Corporation. En 1956 vendeu a súa compañía á Aerojet General Corporation e converteuse no presidente da súa división atlántica.

O ABC convirteuse nunha simple lembranza. Non foi ata 1954 cando se escoitaron rumores de que algunhas das súas ideas foran "tomadas prestadas". A patente do ENIAC foi solicitada en 1947, mais non foi concedida ata 1964. En 1961, Atanasoff fundou outra empresa, Cybernetics Incorporated. Só se involucrou gradualmente na disputa legal vendo o rápido crecemento das compañías de computadores. Seguindo a resolución da patente, Atanasoff foi recoñecido polo Iowa State College, que se convertera na Iowa State University, e posteriormente chegaron máis premios.

Retirouse en Maryland e faleceu en 1995. John Mauchly, Presper Eckert, e as súas familias nunca admitiron conduta incorrecta ningunha.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ATANASOFF, JOHN VINCENT". Who's Who in America 1995. 1 (A-K) (49th ed.). New Providence, NJ: Marquis Who's Who. 1994. p. 129. ISBN 0837901596. Consultado o 22 de xaneiro de 2020 – vía Internet Archive. 
  2. Invitation to Computer Science. Consultado o 8 de febreiro de 2014. 
  3. John Vincent Atanasoff. The father of the computer. (October 4, 1903 – June 15, 1995)
  4. Kiplinger's Personal Finance. Consultado o 8 de febreiro de 2014. 
  5. Portraits in Silicon. Consultado o 8 de febreiro de 2014. 
  6. Atanasoff 1985.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]