José Antonio Novais
José Antonio Novais | |
---|---|
Nome completo | José-Antonio Novais Tomé |
Nacemento | 30 de abril de 1925 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Falecemento | 25 de marzo de 1993 |
Lugar de falecemento | El Puerto de Santa María |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Premios | Creu de Sant Jordi e Premio Francisco Cerecedo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Antonio Novais Tomé, nado en Madrid o 30 de abril de 1925 e finado en El Puerto de Santa María (provincia de Cádiz) o 25 de marzo de 1993, foi un xornalista e escritor español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu pai foi o tamén xornalista portugués Joaquim Novais Teixeira, que se establecera en España e que fora xefe de prensa de Manuel Azaña e posteriormente xefe de prensa e radio da Segunda República Española durante a guerra civil.
A famiia exiliouse a Francia e el, logo de estudar o bacharelato en Madrid fíxose xornalista na Francia posterior á segunda guerra mundial. Desprazado polo xornal Le Monde a España, foi o seu correspondente no réxime franquista e os seus artigos servían de fonte de información para a oposición interior española e tamén como a súa saída ao mundo[1]. Tamén actuou como correspondente para o xornal paulista O Estado para o lisboeta, Diário de Notícias ou para Radio Luxembourg.
Na década dos sesenta o seu carné de prensa foi temporalmente anulado polo ministerio de Información e Turismo de España, que dirixía Manuel Fraga, e el detido en varias ocasións. En 1977, xa durante a transición democrática, recibiu unha malleira de parte dun grupo de Guerrilleros de Cristo.
Era socio de honra da Asociación de Correspondentes de Prensa Estranxeira.
Obra[editar | editar a fonte]
Ficción[editar | editar a fonte]
- Nocturnos (1947)
- La calle del reloj (1950)
- Las formidables señas (1951, poesía)
- El gallo y la tierra (1952, teatro)
- Miedo y hombre (1955)
- Poemas de Amsterdam (1957, poesía)
- Cristo-Federico (1959, relatos)
Non ficción[editar | editar a fonte]
- Asesinato de un héroe, general Humberto Delgado (1974, con Mariano Robles)
- ¿Quién mató a Julián Grimau? (1976, con Amandino Rodríguez Armada)
Galardóns[editar | editar a fonte]
- Creu de Sant Jordi
- Premio Francisco Cerecedo de xornalismo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Lo que debemos a Novais, El País, 26/3/1993.