Nino Rota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNino Rota

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Giovanni Rota Rinaldi Editar o valor em Wikidata
3 de decembro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Milán, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte10 de abril de 1979 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Trombose coronariana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCampo di Verano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMilán
Reino de Italia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia (1946–1979)
Reino de Italia (1911–1946) Editar o valor em Wikidata
EducaciónCurtis Institute of Music (pt) Traducir
Conservatorio Giuseppe Verdi
IES Manuel Murguía
Academia Nacional de Santa Cecilia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes escénicas e música cinematográfica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositor , guionista , compositor de bandas sonoras , profesor de educación superior , actor , mestre , pianista , director de orquestra , músico Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoÓpera, Sinfonía, Neue Musik (pt) Traducir e música clásica Editar o valor em Wikidata
ProfesoresIldebrando Pizzetti, Fritz Reiner (pt) Traducir, Rosario Scalero, Alfredo Casella e Giacomo Orefice (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

Páxina webninorota.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000065 Allocine: 38022 Allmovie: p109049 IBDB: 81707
Spotify: 0RYyGExpy57GLGa1GtFoVo iTunes: 173278 Musicbrainz: d52ac009-4ed5-4d01-97d5-8280bb7dd460 Songkick: 259997 Discogs: 235382 Allmusic: mn0000416785 WikiTree: Rota-43 Find a Grave: 54844322 Editar o valor em Wikidata

Nino Rota, nado en Milán, Italia o 3 de decembro de 1911 e finado en Roma, Italia o 10 de abril de 1979, foi un compositor e músico italiano que acadou sona especialmente por ser o creador de bandas sonoras de filmes de Federico Fellini, Francis Ford Coppola ou Luchino Visconti.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nino Rota naceu en Milán o 3 de decembro do 1911, o seu verdadeiro nome era Nino Rinaldi. Era neto de Giovanni Rinaldi (1840-95) un dos pianistas italianos máis sobranceiros do seu tempo. A súa propia filla, Ernesta Rinaldi foi pianista.

Comezou a súa formación musical ós oito anos de idade. Sendo aínda neno compuxo un oratorio para solista, coro e orquestra: “L’infanzia di San Giovanni Battista”, estreado por vez primeira en 1923. Nese mesmo ano entrou no Conservatorio de Milán onde recibiu clases de Giacomo Orefice e leccións sobre composición de Ildebrando Pizzetti. Posteriormente continuou os seus estudos na Academia Santa Cecilicia de Roma sendo un dos seus Mestres Alfredo Casella. Finalmente trasladouse ós EUA no Curtis Institute de Philadelphia. Alí durante dous anos (1931-32) recibiu as ensinanzas de Rosario Scalero e Fritz Reiner).

Finalmente retornou a Milán para finalizar os seus estudos universitarios, onde presentou a súa tese doutoral (1937) sobre o renacentista italiano Zarlino. Ademais da música, Nino Rota estivo sempre interesado por outras disciplinas artísticas coma a literatura ou a historia musical.

Profesionalmente comezou a impartir clases sobre teoría musical na escola musical de Taranto, para posteriormente ensinar harmonía e composición no Conservatorio de Bari. Finalmente foi nomeado director deste Conservatorio, ocupando o posto durante case trinta anos (1950-78). Morreu en Roma o 10 de abril de 1979.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Director Película Ano
Federico Fellini Lo sceicco blanco 1952
I Vitelloni 1953
La Strada 1954
Il bidone 1955
Le notti di Cabiria 1957
La dolce Vita 1960
Otto e Mezzo 1962
Bocaccio ’70 1962
Giulietta degli spiriti 1966
Extraordinary Stories 1967
Satyricon 1969
Los Clowns 1970
Fellini Roma 1972
Amarcord 1973
Il Casanova de Federico Fellini 1976
Prova d’orquestra 1978
Raffaelo Matarazzo Treno Popolare 1933
Giorno di nozze 1942
Edgar George Ulmer I Pirati di Capri 1945
Alberto Lattuada Senza pietà 1948
Anna 1951
Henry Cass The Glass Mountain 1948
Luigi Comencini Proibito rubare 1948
La Bella di Roma 1955
Luigi Zampa È più facile che un cammello 1950
Terence Young Valley of eagles 1952
Henri Verneuil L’Ennemi public numéro un 1953
King Vidor War and Peace 1956
Mario Monicelli Il medico e lo stregone 1957
La grande guerra 1959
Luchino Visconti Le notti bianche 1957
Roco e i suoi fratelli 1960
O Gatopardo 1962
René Clément Plein soleil 1959
Antonio Pietrangeli Fantasmi a Roma 1960
Guy Hamilton The best of Ennemies 1961
Franco Zefirelli The Taming of the Shrew 1967
Romeo e Julieta 1968
Sergei Bondarchuk Waterloo 1970
Francis Ford Coppola O Padriño 1972
O Padriño II 1974
John Guillermin Death on the Nile 1978

Outras obras musicais[editar | editar a fonte]

Ademais das obras ligadas ó cine, Nino Rota compuxo un número considerable doutras obras musicais. A súa primeira ópera data do 1925: Il príncipe porcaro (baseado nunha historia de Hans Christian Andersen). Posteriormente compuxo Ariodante (Parma, 1942), Torquemada (1943), Il capello di paglia di Firenze (1945) (baseado nunha obra de Eugène Labiche), I due timidi (1950), Lo scoiattolo in gamba (Venecia, 1959), La notte di un nevrastenico (La Scala, 1960), Aladino e la lampada mágica (Nápoles, 1968), La visita meravigliosa (Palermo, 1970) e Napoli milionaria (Spoleto, 1978).

Ademais tamén escribiu música coral, catro sinfonías, o Concerto-soirée para orquestra, un concerto para cordas (1965), un concerto para cuarteto de cordas, varias pezas de cámara para piano, oratorios e diversos ballets: Rappresentazione di Adamo ed Eva (Perugia, 1957), Balli, Le Molière imaginaire(1976) and Amor di poeta (1978).