Walter Ulbricht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWalter Ulbricht

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Walter Ernst Paul Ulbricht Editar o valor em Wikidata
30 de xuño de 1893 Editar o valor em Wikidata
Leipzig, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte1 de agosto de 1973 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Groß Dölln (República Democrática Alemá) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaThe Socialists' Memorial (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Chairman of the State Council (en) Traducir
12 de setembro de 1960 – 1 de agosto de 1973
← Wilhelm PieckWilli Stoph →
Presidente National Defense Council (en) Traducir
11 de febreiro de 1960 – 1971 – Erich Honecker →
Member of the Volkskammer (en) Traducir
Membro do Reichstag da Alemanha Nazista (pt) Traducir
Member of the Landtag of Saxony (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Democrática Alemá Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Lenin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín
Dresden Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , membro da resistencia Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Unificado de Alemaña (1946–1973)
Comitê Nacional por uma Alemanha Livre (pt) Traducir (1943–1945)
Partido Comunista de Alemaña (1920–1946)
Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (1917–1920)
Partido Socialdemócrata de Alemaña (1912–1917) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLotte Ulbricht Editar o valor em Wikidata
FillosBeate Ulbricht (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0880385 Musicbrainz: 1cc13d73-636b-40e9-89d6-ae0e7b14fbe8 Discogs: 294473 Find a Grave: 8283089 Editar o valor em Wikidata

Walter Ernst Paul Ulbricht, nado en Leipzig o 30 de xuño de 1893 e finado en Groß Dölln o 1 de agosto de 1973 foi o político máis importante da República Democrática Alemá dende 1949 ata a súa dimisión no 1971. Baixo o seu mandato a RDA comezou a desenvolverse como un estado socialista.

Sendo mozo participou activamente no movemento obreiro de Alemaña, converténdose no proceso nun revolucionario profesional. Na fase final da República de Weimar dirixiu a sección do Partido Comunista de Alemaña (KPD) de Berlín. Membro do círculo de poder, ó que tamén pertencía Ernst Thälmann, participou na loita contra a socialdemocracia e a orde republicana no marco dun partido de corte stalinista.

En 1945 volveu a Berlín do exilio na Unión Soviética convertido xa en líder do 'Grupo Ulbricht'. Na zona de ocupación soviética colaborou estreitamente coa potencia ocupante. A súa labor como principal funcionario do KPD e do Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED) marcou fortemente a posterior construción do aparato estatal da RDA.

De 1950 a 1971 permaneceu na cume do Comité central do SED, tendo así sempre a última palabra nas decisións políticas. Grazas a este cargo e a confianza da Unión Soviética, Ulbricht favoreceu dende 1952 a 'construción do socialismo' na RDA e en 1961 a construción do Muro de Berlín.

Así tamén, do 1949 a 1960 foi vicepresidente da RDA, e do 1960 ata a súa morte Presidente do Consello de Estado da RDA.