Lola Membrives

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLola Membrives

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1885 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte31 de outubro de 1969 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Chacarita Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJuan Reforzo (pt) Traducir (1906–) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1018502 Find a Grave: 7273081 Editar o valor em Wikidata

Dolores Membrives Fernández, coñecida como Lola Membrives, nada en Buenos Aires o 28 de xuño de 1885 e finada na mesma cidade o 31 de outubro de 1969, foi unha actriz arxentina, fincada en España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa nai e o seu pai eran inmigrantes españois. Iniciouse nos escenarios como tonadillera e debutou en Madrid en 1904 no Teatro Apolo. Acompañada no piano por Enrique Granados, o 26 de maio de 1913 estreou as Tonadillas en estilo antiguo de Granados e Fernando Periquet no Ateneo de Madrid. Logrou o éxito en América con obras de José Padilla. Grazas ao enorme éxito cultivado, comezou a interpretar papeis dramáticos e cómicos en obras coas que realizou exitosas xiras por España e Hispanoamérica.

Lola Membrives na portada da revista española Mundo Gráfico, 1913

Algúns dos máis destacados dramaturgos da primeira metade do século XX, escribiron papeis para ela. Algúns deles foron:

Deste último tamén interpretou, durante varias tempadas Señora Ama e La noche del sábado e estreou La infanzona en Buenos Aires en 1945.

Lola Membrives

A súa traxectoria abrangue tamén obras de Calderón de la Barca, Lope de Vega, José Zorrilla (Don Juan Tenorio), Pedro Muñoz Seca, Alfonso Paso, Alejandro Casona, Enrique Jardiel Poncela, Eduardo Marquina, José María Pemán, Luigi Pirandello (La vida que te di), Oscar Wilde (El abanico de Lady Windermere) e Eugene O'Neill (Anna Christie).

Amais, foi unha das máis importantes intérpretes, xunto a María Tereza Montoya e Margarida Xirgu, do teatro de Federico García Lorca. Coñeceuno en 1931 e con el realizou unha xira por Hispanoamérica.[1] Representou Bodas de sangre en 1933 e, dous anos despois, La zapatera prodigiosa, que estreara Xirgu.

No segundo semestre de 1936 o esposo de Membrives e empresario español, Juan Reforzo, comezou a administrar o Teatro Cómico. Desde 1943 a actriz realizou alí coa súa compañía varias tempadas consecutivas. Alternou actuacións entre Arxentina e España interpretando obras de prestixiosos dramaturgos, entre eles, Bertolt Brecht, Calderón de la Barca, Jean Cocteau, Federico García Lorca, Arthur Miller e Jacinto Benavente. Era moi amiga deste último e estreou case todas as súas obras.

Tamén interpretou obras de autores doutros xéneros, actuando como tonadillera e tiple, ou en papeis de comedia. Entre 1943 e 1946 representou as obras de Benavente Y amargaba, Al fin mujer, La infanzona, El mal que nos hacen, La noche del sábado e Titania. Actuou noutras obras, como Volver a vivir, de Samuel Ros; Cancela, de José Antonio Ochaíta e Rafael De León; e Victoria, do seu fillo Juan Reforzo Membrives, quen a asinou co pseudónimo de Juan Albornoz.[2]

Durante 1947 estivo en España. O ano seguinte retornou á Arxentina, onde representou Vendimia de amor e La casa, de José María Pemán; e Nosotros, ellas y el duende, unha comedia de Carlos Llopis que tivo moito éxito. En 1949 adquiriu xunto ao seu esposo o Teatro Cómico e interpretou El águila de dos cabezas, de Jean Cocteau; La rosa encendida, de Enrique Suárez de Deza; e Divorcio de almas, de Benavente.

En 1950 representou Mater Imperatrix, de Benavente; e Elena y los hijos de Eduardo, de Marc-Gilbert Sauvajon. En 1954 actuou na comedia La cigüeña dijo sí, de Llopis, con María Antonia Tejedor, Tomás Blanco, Vicente Vega e Juan Serrador. O ano seguinte interpretou La malquerida, de Benavente, que constituíu o seu maior éxito, e La casa de Bernarda Alba, de Lorca, na que tamén destacou Alejandra Boero.[2]

Membrives mostrou abertamente o seu apoio ao goberno de Juan Domingo Perón, deposto polo golpe de estado do 16 de setembro de 1955. O 7 de outubro dese ano estreaba a obra Su amante esposa, de Benavente. Cando apareceu en escena partiu dun sector do público uns asubíos, xunto con insultos e agresións en alusión á súa posición política. Os esforzos de Membrives de falarlle ao público foron en balde, polo que a función tivo que ser suspendida. Ese mesmo mes un grupo antiperonista rompeu carteleiras e vidros no vestíbulo do teatro. Finalmente, o 8 de xaneiro de 1956 a actriz viaxou a Venezuela e despois a España.[2]

A súa última función, no Teatro Odeón de Buenos Aires, foi unha representación de Los verdes campos del Edén, de Antonio Gala. Finou nesa cidade o 31 de outubro de 1969.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • En Madrid leva o seu nome unha sala do Teatro Lara.
  • Na Arxentina, o Teatro Cómico pasou a ter o seu nome, do mesmo xeito que o municipio bonaerense de San Isidro, paralelo ao ferrocarril da Costa, fronte ao Río da Prata.
  • O programa radiofónico de humor "Nadie sabe Nada", emitido pola Cadena SER, conta cunha sección chamada "Os Membridatos", en que mencionan datos biográficos da artista.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Participou nas seguintes películas:[3]

  • Por mi bandera (1917?)
  • Tierra argentina Dios te bendiga (1917?)
  • La chismosa (1938), dirixida por Luis Marquina e Enrique Telémaco Susini
  • La cigüeña dijo ¡Si! (1955), dirixida por Enrique Carreras

Galardóns[editar | editar a fonte]

  • Medalla ao Mérito Artístico da República Arxentina (1954)
  • Gran cruz da Orde de Afonso X o Sabio.
  • Gran cruz da Orde de Sabela a Católica.
  • Medalla especial do Círculo de Belas Artes de Madrid (1956)
  • Medalla outorgada polo presidente Álvaro Obregón, de México
  • Medalla de Ouro do Ministerio de Instrución Pública de Valladolid (España)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sarasti, Jon (2017). Fundación SGAE, ed. Federico y Lola, el desencuentro (PDF). Teatro Autor Exprés. Madrid. Consultado o 10 de xanero de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "La gran Lola". Consultado o 13 de abril de 2019. 
  3. Di Núbila, Domingo (1998). La época de oro. Historia del cine argentino I. Buenos Aires: Ediciones del Jilguero. p. 35. ISBN 987-95786-5-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]