Germán Doval García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGermán Doval García
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1906 Editar o valor em Wikidata
Carral, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de decembro de 1962 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Carral, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Germán M. Doval García, nado en Carral o 27 de xuño de 1906[1] e finado no mesmo concello o 5 de decembro de 1962,[2] foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Remata Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela en 1927.[3] Mestre substituto en Beba (Mazaricos) en 1927.[4] Mestre do Canedo (en Ardemil, Ordes) dende 1933. Militante de Izquierda Republicana. Co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Ordes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído polos golpistas o 14 de setembro de 1936. Fuxiu e permaneceu agochado até 1945. Xulgado en Compostela por rebelión militar foi condenado a cadea perpetua, e despois indultado. Foi nomeado mestre de Visantoña en marzo de 1962.[5]


Predecesor:
Antonio Concheiro Iglesias
 
Alcalde de Ordes
 
1936
Sucesor:
Arturo Pérez Loureiro

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Concepción Castelo Fuentes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 41. 
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-12-1962, p. 4.
  3. El Eco de Santiago, 14-12-1927, p. 1.
  4. El Pueblo Gallego, 20-11-1927, p. 13.
  5. El Pueblo Gallego, 16-3-1962, p. 14.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]