Serafín Fernández Ramón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serafín Fernández Ramón
AlcumeSanteiro
Nacemento15 de agosto de 1914
Lugar de nacementoPeranzais
Falecemento5 de decembro de 1947
Lugar de falecementoVillamejil
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

Serafín Fernández Ramón, coñecido como Santeiro, nado en Guimara (Peranzais) o 15 de agosto de 1914 e finado en Fontoria o 5 de decembro de 1947, foi un xornaleiro, mineiro e guerrilleiro antifranquista berciano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun santeiro da Virxe de Trascastro. Militante da CNT, participou nas accións anarquistas de 1933 en Fabeiro, onde se declarou por breve tempo o comunismo libertario. Tamén participou logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 na defensa de Ponferrada contra o exército sublevado, fuxindo cara a Pola de Somiedo en Asturias ao fracasar, uníndose ao exército republicano ata a caída de Asturias en 1937. Serafín decidiu volver ao seu lugar natal e despois botouse ao monte, organizando en 1941 un grupo con xente do Val de Fornela, Ibias e Degaña coñecido como a partida dos Fornelos, a súa zona de actuación abranguía o Bierzo, o occidente de Asturias e parte da provincia de Lugo e contaba cunha importante rede de apoio na zona e aínda que mantiña relacións non se integrou na Federación de Guerrillas de León-Galicia. O seu grupo realizou numerosas accións, a máis coñecida foi a do rescate de presos do destacamento penal de Fabeiro en decembro de 1942. En 1947 intentou marchar a Francia sen éxito, o 5 de decembro dese ano morreu nun enfrontamento coa Garda Civil preto de Fabeiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Landera, J. A. (2006): "Serafín Fernández Ramón (a) El Santeiro" (PDF), artigo en Resistencia nº 5, León.
  • Máiz, B. (1988): Galicia na II República e baixo o franquismo, Ed. Xerais.
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 62. ISBN 84-8485-231-8. 
  • Serrano, S. (2002): Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista, Temas de Hoy.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]