Plácido Ángel Rey Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPlácido Ángel Rey Lemos
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1867 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de febreiro de 1941 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Eibar, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSantuario de Arantzazu Editar o valor em Wikidata
Arcebispo titular
30 de xullo de 1927 –
Diocese: Pelusium (en) Traducir
Bispo de Lugo
18 de decembro de 1919 – 30 de xullo de 1927
← Manuel Basulto JiménezRafael Balanzá y Navarro →
Bispo titular
18 de xaneiro de 1917 –
Diocese: Hamatha (en) Traducir
Administrador apostólico
18 de xaneiro de 1917 –
Arcebispo católico
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1890–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde Franciscana e Orde dos Freires Menores Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónRafael Merry del Val (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Inscrición relativa ao bispo Plácido Rey na igrexa parroquial de Barazón (Santiso).

Plácido Ángel Rey Lemos, coñecido como El Mella Franciscano e Fray Plácido, nado en Lugo o 30 de outubro de 1867 e finado en Éibar o 12 de febreiro de 1941,[1] foi un relixioso galego, bispo de Lugo entre 1919 e 1927.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo os seus estudos no Instituto de Lugo e ingresou no Seminario en 1885. Foi ordenado sacerdote o 5 de abril de 1890. Inicialmente ingresou no novizado da orde beneditina no mosteiro de Samos en 1891, mais finalmente profesou como franciscano no colexio de Compostela en 1896.[Cómpre referencia] Foi director de El Eco Franciscano. En 1906 marchou a Roma onde foi nomeado procurador xeral en 1911. O 18 de xaneiro de 1917 foi nomeado administrador apostólico da diocese de Xaén e bispo titular Hamatha, por mor da grave doenza do bispo Juan Manuel Sanz Saravia que lle impedía gobernar a súa diocese. Recibiu a consagración episcopal o 25 de febreiro de mans do cardeal Rafael Merry del Val, e tendo como co-consagrantes ao bispo de Tui Leopoldo Eijo Garay e ao bispo de Urgell Joan Benlloch i Vivó.

O 18 de decembro de 1919 foi nomeado bispo de Lugo, e tomou posesión da sé o 11 de xuño de 1920. Foi senador polo arcebispado de Granada (1919-1920) e pola provincia eclesiástica de Santiago de Compostela (1921-1922).

Promoveu o culto eucarístico co Centro Eucarístico Diocesano e a Adoración Nocturna. Puxo en marcha a Editorial católica lucense e impulsou o periódico La Voz de la Verdad. Sintonizou coas institucións sociais que puxo en marcha a Igrexa española: O Consello Nacional de Organizacións católico-obreiras, a Acción católica, a Confederación Nacional de Obreiros Católicos e a Confederación Nacional Católico-Agraria. En 1927 viaxa a Roma para a visita ad limina e ao rematar o despacho co papa Pío XI decidiu non volver poñer os pés en Lugo. Foi nomeado arcebispo titular de Pelusium.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Instruciones breves sobre la Regla de la Venerable Orden Tercera de San Francisco, 1897.
  • Instituciones Philosophiae Christianae, 1893
  • El Terciario Franciscano 1872-1897, 1893.
  • La Armonía entre la ciencia y la fe, personificada en el angélico doctor Santo Tomás de Aquino: sermón (...), 1897.
  • Historia del culto eucarístico en la Diócesis de Compostela, 1897.
  • La vida orgánica en sí misma y en sus manifestaciones, 1901.
  • Instrución pastoral sobre la sagrada predicación, 1918.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cuenca Toribio, José Manuel. "Plácido Ángel Rey Lemos". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Blanco Castro, Manuel (1971). Una gran figura gallega: el p. Plácido-Ángel Rey Lemos (en castelán). Lugo: Caja de Ahorros de La Coruña y Lugo. 
  • García Oro, José (2002). "La Iglesia de Lugo en el mundo contemporáneo: del señorío temporal a la comunidad eclesial". En García Oro, José. Iglesias de Lugo, Mondoñedo-Ferrol y Orense (en castelán) XV. Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos. pp. 167–196. ISBN 84-7914-541-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Juan Manuel Sanz Saravia
(bispo)
 Administrador apostólico de Xaén 
1917 - 1919
Sucesor:
Manuel Basulto Jiménez
(bispo)
Predecesor:
Manuel Basulto Jiménez
 Bispo de Lugo 
1919 - 1927
Sucesor:
Rafael Balanzá y Navarro