Alberto Bosch y Fustegueras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlberto Bosch y Fustegueras

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Albert Bosch y Fustegueras Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1848 Editar o valor em Wikidata
Tortosa, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de maio de 1900 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Ministro de Fomento de España
23 de marzo de 1895 – 14 de decembro de 1895
← Joaquín López Puigcerver (pt) TraducirAureliano Linares Rivas →
Alcalde de Madrid
26 de novembro de 1891 – 6 de novembro de 1892
← Francisco de CubasNicolás de Peñalver y Zamora (en) Traducir →
Alcalde de Madrid
5 de abril de 1885 – 19 de agosto de 1889
← Gonzalo de Saavedra y CuetoAndrés Mellado Fernández →
Deputado das Cortes

Circunscrición electoral: Q38605302 Traducir
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosEnric Bosch i Herreros (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Galiciana: 48922

Alberto Bosch y Fustegueras, nado en Tortosa o 26 de decembro de 1848 e finado en Madrid o 13 de maio de 1900[1][2], foi un enxeñeiro e político español, ministro de Fomento durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Brillante estudante, ademais de doutorarse en Dereito licenciouse en Ciencias Exactas e Enxeñaría de Camiños e iniciou as carreiras de Medicina e Farmacia. A súa carreira política iniciouse en 1873 ao ingresar no Partido Conservador en cuxa representación obtivo unha acta de deputado pola circunscrición de Tarragona en 1876 repetindo escano nas eleccións de 1879 e 1881 para pasar en 1886 a ser nomeado senador pola Sociedade Económica de Madrid. En 1891 volve ao Congreso en representación de Albacete e en 1892 é nomeado senador vitalicio.

Foi académico da Real Academia de Ciencias entre 23 de marzo de 1890 e o 13 de maio de 1900.[2]

Alcalde de Madrid en 1885 e entre 1891 e 1892,[3] na súa primeira etapa á fronte do Concello madrileño unha epidemia de cólera arrasou a capital e a súa destacada loita para acabar coa enfermidade fixo que fose nomeado fillo predilecto e adoptivo de Madrid.

Foi ministro de Fomento entre o 23 de marzo e o 14 de decembro de 1895, data na que se viu obrigado a dimitir debido ás manifestacións multitudinarias que se celebraron na súa contra motivadas por un escándalo sobre os orzamentos municipais.[4]

Apartado da política activa dedicouse á investigación e á divulgación científica destacando as súas obras: Estudos trigonométricos (1875), Manual de Astronomía popular (1880), A agricultura española no século XIX (1883), Xeometría aplicada ás Artes (1885) e Colección de discursos políticos (1889).

Faleceu en Madrid o 13 de maio de 1900.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome LIEYA
  2. 2,0 2,1 2,2 Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (ed.). "Académicos Históricos: Excmo. Sr. D. Alberto Bosch y Fustegueras". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 31 de decembro de 2015. 
  3. Ayuntamiento de Madrid (ed.). "Alcaldes de Madrid. 1842-1900". 
  4. Centro de Ciencias Humanas y Sociales (CCHS) del CSIC (ed.). "Ministros y miembros de organismos de gobierno. Regencias, Juntas de Gobierno, etc (1808-2000)". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2020. Consultado o 31 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]