Emma Hosken

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmma Hosken
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1845 Editar o valor em Wikidata
Penryn Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xullo de 1884 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Lugar de sepulturaCemitério de Brookwood (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnovelista , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBernard Barham Woodward Editar o valor em Wikidata
Tumba de Emma Hosken e Bernard Barham Woodward no cemiterio de Brookwood.

Emma Hosken, tamén coñecida como Emma Hosken Woodward, nada en Penryn (Cornualla) o 11 de agosto de 1845 e finada o 16 de xullo de 1884, foi unha escritora británica da época vitoriana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Richard Hosken e Emily (nada Nettle). Casou cun seu curmán distante, o reverendo Thomas Butterfill Hosken, reitor da igrexa de Llandefaelog Fach, en Gales, e tiveron un fillo e dúas fillas. O fillo e o seu marido morreron de difteria en 1869 e 1870, e Emma Hosken e as súas fillas regresaron a Penryn para vivir coa nai dela.[1]

Escribiu dúas novelas, que publicou de forma anónima, Married for Money (1875) e Bitter to Sweet End (1877). En 1881 estaba hospedada na residencia das Irmás da Caridade en Holborn.[2] En 1882 casou con Bernard Barham Woodward (1854–1930), bibliotecario do Museo de Historia Natural de Londres. Woodward publicou a terceira novela de Emma Hosken logo de que ela morrese. En 1885 apareceu Men, Women, and Progress (1885), un texto político que defende a necesidade de moitas reformas necesarias a prol dos dereitos da muller.[1]

Está enterrada a carón de Bernard Barham Woodward e a segunda esposa deste no cemiterio de Brookwood (Surrey).

Obra[editar | editar a fonte]

  • Married for Money (1875)
  • Bitter to Sweet End: A Novel (1877; 3 volumes)
  • Men, Women, and Progress (1885)

Notas[editar | editar a fonte]