Ignacy Łukasiewicz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIgnacy Łukasiewicz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1822 Editar o valor em Wikidata
Zaduszniki, Podkarpackie Voivodeship (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xaneiro de 1882 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Chorkówka (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Membro da Dieta de Galitzia e Lodomeria
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Austríaco
Imperio Austrohúngaro Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Iaguelónica de Cracovia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFarmacia e química Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónquímico , inventor , emprendedor , académico , farmacéutico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHonorata Łukasiewicz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFranciszek Łukasiewicz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Łukasiewicz-16

Jan Józef Ignacy Łukasiewicz (|iɡˈnatsɨ wukaˈɕɛvitʂ|), nado en Zaduszniki o 8 de marzo de 1822 e finado en Chorkówka o 7 de xaneiro de 1882 foi un farmacéutico, enxeñeiro, empresario e inventor polaco, tamén un dos máis destacados filántropos do reino de Galicia e Lodomeria, en Austria-Hungría. Foi un pioneiro que en 1856 construíu a primeira refinaría de petróleo moderno.[1][2][3] Os seus traballos inclúen o descubrimento do método para destilar queroseno mediante a filtración do petróleo, a invención da lámpada de queroseno moderno (1853), a introdución da primeira farola en Europa (1853) e a construción do primeiro pozo petrolífero moderno (1854).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mocidade e estudos[editar | editar a fonte]

Escudo dos Łada

Ignacy Łukasiewicz naceu en 1822 en Zaduszniki, preto de Mielec, no Imperio Austríaco, tralas particións de Polonia, o máis novo de cinco fillos. A súa familia era de orixe armenia.[1][2][4] Os seus pais eran Apolonia, de solteira Świetlik, e Józef Łukasiewicz, membro da intelligentsia local e da nobreza que tiña permitido o uso do escudo dos Łada, e veterano do levantamento de Kościuszko. A familia alugaba unha pequena mansión en Zaduszniki mais, pouco despois do nacemento de Ignacy, foi obrigada por motivos financeiros a situarse na próxima cidade de Rzeszów. Alí Ignacy entrou no Gymnasium Konarski, mais non logrou superar os exames e abandonouno en 1836. Para axudar os seus pais e apoiar financeiramente os seus parentes, mudouse a Łańcut, onde comezou a traballar como axudante de farmacéutico. Contra o final da súa vida, Łukasiewicz adoitaba describir a súa infancia como feliz; a atmosfera da casa era patriótica e en certa forma democrática, e habitualmente lembraba o seu primeiro titor, o coronel Woysym-Antoniewicz, que residía na súa casa.

Implicación nos movementos políticos[editar | editar a fonte]

Farmacia Estrela Dourada de Mikolasch

Cando se mudou a Łańcut, Łukasiewicz involucrouse tamén en varias organizacións políticas que apoiaban a idea de restaurar a soberanía e a independencia polaca e participou en moitas reunións políticas na zona. En 1840 volveu a Rzeszów, onde continuou a traballar na farmacia privada de Edward Hübl. En 1845 coñeceu o diplomático e activista Edward Dembowski, que admitiu a Łukasiewicz na ilegal "Centralización da Sociedade Polaca Democrática", partido centrado en políticas radicais e que apoiou unha revolta contra o goberno austríaco. O obxectivo da organización era preparar un levantamento nacional contra as tres potencias da repartición. Posto que o movemento se viu como perigo potencial da monarquía austríaca, o 19 de febreiro de 1846 Łukasiewicz e outros membros do partido foron arrestados polas autoridades austríacas e presos na cidade de Lwów. Porén, o 27 de decembro de 1847 Łukasiewicz foi liberado debido á falta de probas, mais o resto da súa vida foi considerado "politicamente non fidedigno" e adoitou ser observado pola policía local que estaba en posesión dos seus arquivos. Tamén se lle ordenou que permanecese en Lwów co seu irmán máis vello Franciszek.

Carreira como químico[editar | editar a fonte]

O 15 de agosto de 1848 foi empregado por unha das maiores e mellores farmacéuticas de Galicia, a Estrela Dourada (Pod Złotą Gwiazdą) en Lwów, propiedade de Piotr Mikolasch. En 1850, publicouse un alamanaque de man e un precioso documento titulado manuskrypt, obra conxunta de Mikolasch e Łukasiewicz. A causa da súa investigación, as autoridades déronlle un permiso para que continuase os seus estudos farmacéuticos na Universidade Jagiellonian en Cracovia. Tras varios anos de estudos, financiados sobre todo por Mikolasch, superou todos os seus exames universitarios agás os de farmacognosia, o que fixo que non se graduase. Finalmente o 30 de xullo de 1852 Łukasiewicz graduouse na Universidade de Viena, onde obtivo un grao en farmacia. En canto volveu á farmacia de Piotr Mikolasch in Lwów, comezou unha nova fase da súa vida, dedicado aos estudos para a explotación do queroseno.

Pozos petrolíferos en Galicia
Pozos petrolíferos en Grabownica Starzeńska na década de 1930

Industria do petróleo e lámpadas de aceite[editar | editar a fonte]

Aínda que se sabe que a industria do petróleo existía dende había tempo na rexión de Galicia e Subcarpacia, habitualmente empregábase como menciña para os animais e lubricante, e Łukasiewicz foi a primeira persoa que destilou o líquido en Polonia e no mundo e puido explotalo e crear unha nova rama da industria. En outono de 1852 Łukasiewicz, Mikolasch e o seu colega John Zeh analizaban o petróleo, que chegaba nuns poucos barrís por mercadores da cidade de Drohobycz. Mediante métodos farmacéuticos obtíñase o petróleo e vendíase en farmacias locais, mais a demanda era pequena debido aos altos prezos. A principios de 1854 Łukasiewicz mudouse a Gorlice, onde continuou o seu traballo. Creou moitas compañías xunto con empresarios e terratenentes. Ese mesmo ano, abriu a primeira "mina" de petróleo do mundo en Bóbrka, preto de Krosno. Ao mesmo tempo, Łukasiewicz continuou o seu traballo nas lámpadas de queroseno. Máis tarde ese mesmo ano, colocou a primeira farola de queroseno no distrito de Zawodzie en Gorlice. En anos seguintes abriu outros pozos petrolíferos xunto con mercadores e empresarios locais. En 1856 en Ulaszowice, preto de Jasło, abriu unha "destilería de petróleo", que era a primeira refinaría de petróleo industrial do mundo. Como a demanda de queroseno aínda era pequena, a planta inicialmente producía sobre todo asfalto artificial, aceite para maquinaria e lubricantes. A refinaría foi destruída por un incendio en 1859, mais foi reconstruída en Polanka, preto de Krosno, o ano seguinte.

Últimos anos e morte[editar | editar a fonte]

En 1863 Łukasiewicz, que se mudara de Jasło en 1858, era un home rico. Apoiou abertamenta o levantamento de xaneiro de 1863 e financiou a axuda aos refuxiados. En 1865 comprou unha gran casa en Chorkówka. Alí estableceu outra refinaría de petróleo. Despois de gañar unha das maiores fortunas de Galicia, Łukasiewicz promoveu o desenvolvemento da industria petrolífera nas rexións de Dukla e Gorlice. Deu o seu nome a mineiras da zona, incluídos pozos petrolíferos en Ropianka, Wilsznia, Smereczne, Ropa e Wójtowa. Tamén se converteu nun benefactor rexional e fundou un balneario en Bóbrka, unha capela en Chorkówka e unha grande igrexa en Zręcin.

Como un dos máis coñecidos empresarios do seu tempo, Łukasiewicz foi elixido para o Sejm de Galicia. En 1877 tamén organizou o primeiro congreso da industria do petróleo e fundou a Sociedade Nacional do Petróleo.

Ignacy Łukasiewicz falecu en Chorkówka o 7 de xaneiro de 1882 vítima da pneumonía e foi enterrado no pequeno cemiterio de Zręcin, preto da igrexa neogótica que financiara.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Łukasiewicz casou en 1857 coa súa sobriña Honorata Stacherska e tras perder a súa única filla, Marianna, a parella adoptou a Walentyna Antoniewicz.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Magdalena Puda-Blokesz, Ignacy Łukasiewicz: ojciec światowego przemysłu naftowego, działacz polityczny i patriota, fi lantrop i społecznik, przede wszystkim CZŁOWIEK Arquivado 27 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
  2. 2,0 2,1 Ludwik Tomanek, Ignacy Łukasiewicz twórca przemysłu naftowego w Polsce, wielki inicjator - wielki jałmużnik. — Miejsce Piastowe: Komitet Uczczenia Pamięci Ignacego Łukasiewicza — 1928
  3. Frank, Alison Fleig (2005). Oil Empire: Visions of Prosperity in Austrian Galicia (Harvard Historical Studies). Harvard University Press. ISBN 0-674-01887-7. 
  4. Ziolkowska-Boehm, Aleksandra (2013). The Polish Experience through World War II: A Better Day Has Not Come. Lexington Books. p. 22. ISBN 1498510833. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]