Francesco Solimena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancesco Solimena

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1657 Editar o valor em Wikidata
Serino (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de abril de 1747 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Nápoles Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , arquitecto Editar o valor em Wikidata
MovementoBarroco Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAngelo Solimena Editar o valor em Wikidata
AlumnosCorrado Giaquinto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiAngelo Solimena Editar o valor em Wikidata

Discogs: 2458586 Editar o valor em Wikidata

Francesco Solimena, coñecido tamén como o Abate Ciccio foi un pintor e arquitecto italiano dos séculos XVII e XVIII, considerado como unha das figuras salientes do rococó en Italia.

Biografía[editar | editar a fonte]

Francesco naceu en Canale di Serino, Serino, o 4 de outubro de 1657 ; faleceu en Barra (un barrio de Nápoles) o 3 de abril de 1747. Formouse no obradoiro que o seu pai Angelo Solimena, tiña en Nocera de' Pagani (hoxe Nocera Inferiore), localidade orixinaria da mai, onde vivía a súa familia. Tomou primeiro como modelo a obra de Francesco Guarino, e máis tarde, resolto a facerse un estilo propio, comezou a mirar con interese a pintura escenográfica e fantasiosa de Luca Giordano e a tenebrista de Mattia Preti.

As obras realizadas entre 1670 e 1680, entre as que se lembran O Paraíso na catedral de Nocera Inferiore e a Visión de San Cirilo de Alexandría na igrexa de San Domenico en Solofra, foron feitas en colaboración co seu pai.

Despois de 1680, as súas obras decántanse pola pintura naturalista, adheríndose progresivamente ao gusto barroco. Neste sentido cómpre mencionar os frescos de San Xurxo en Salerno, e os lenzos sobre a Virtude na sancristía de San Paolo Maggiore en Nápoles.

Na tea de San Francisco renuncia ao sacerdocio na igrexa de Sant'Anna dei Lombardi (1691-1692) é evidente a influencia de Mattia Preti.

O estilo pictórico novo, de aproximación a Arcadia, tivo a súa consagración en A expulsión de Heliodoro do templo na igrexa do Gesù Nuovo e mais nos frescos da capela de San Filipe Neri na igrexa dos Girolamini, en Nápoles.

En 1728 foille encargado polo cardeal Michele Federico Althann, vicerrei de Nápoles e bispo da cidade húngara de Vác, un lenzo mostrando o prelado no acto de ofrecerlle ao Emperador de Austria Carlos VI o catálogo da pinacoteca imperial (cadro hoxe no Kunsthistorisches Museum de Viena), que "suscitou un verdadeiro entusiasmo".

Un retorno a traballos de estilo xuvenil evidénciase a partir de 1735, por exemplo nas pinturas realizadas na Reggia de Caserta, por encarga de Carlos de Borbón.

Solimena traballou para as principais cortes europeas, pero sen moverse apenas de Nápoles. É tido por un dos artistas que mellor encarnaron a cultura tardo-barroca en Italia

Morreu na súa quinta napolitana, no barrio de Barra, en 1747. Entre os seus discípulos áchanse Paolo Gamba, Ferdinando Sanfelice e Domenico Antonio Vaccaro.

Obras pictóricas[editar | editar a fonte]

Obras arquitectónicas[editar | editar a fonte]

Palazzo Solimena: unha das obras arquitectónicas do artista

No cuarto decenio do século XVIII, a causa do estado da edificación quattrocentista (século XV), o bispo Niccolò de Dominicis decidiu reedificar, no sitio actual, o campanario da Catedral de Nocera Inferiore. Financiado pola confraría do Rosario, que contribuíu cuns 2.050 ducados, o novo campanile foi realizado "en conformidade co modelo de madeira feito por Francesco Solimena", conservado aínda no oratorio da congregación. A obra constitúe unha das raras execucións arquitectónicas de Solimena, que veu realizados os seus dotes de proxectista, testemuñados noutras obras, tales a San Nicola alla Carità, o pórtico da San Giuseppe dei Vecchi e mais no palacio de San Potito.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bicco Margaret, La rifattione della cattedrale di Nocera Inferiore, cronache da un cantiere settecentesco, Il Girasole, Napoli, 2005, p. 35