María de Jesús de León y Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María de Jesús de León y Delgado
Nome completoMaría de León Bello y Delgado
Nacemento23 de marzo de 1643
Lugar de nacementoEl Sauzal
Falecemento15 de febreiro de 1731
Lugar de falecementoSan Cristóbal de La Laguna
SoterradaProvincia de Santa Cruz de Tenerife
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónrelixiosa cristiá
editar datos en Wikidata ]

María de León y Delgado, nada en El Sauzal o 23 de marzo de 1643 e finada en San Cristóbal de La Laguna o 15 de febreiro de 1731, foi unha irmá leiga e mística pertencente á Orde de Predicadores (dominicos) e popularmente coñecida nas Illas Canarias como "La Siervita" e "Sor María de Jesús", nome este último que adoptou cando recibiu os hábitos.

A súa vida relixiosa foi austera, sinxela e chea de milagres, de feito, é un dos maiores casos de portentos sobrenaturais e milagrosos arredor dunha persoa, onde salientan xa non só a incorruptibilidade do seu corpo, senón todos os prodixios e milagres que rodearon a súa vida, entre os que destacan: estigmas, éxtases, levitación, hipertermia, clarividencia e bilocación, entre outros.[1]

Esta relixiosa morreu en cheiro a santidade, aínda que esta fama devocional tívoa mesmo dende antes da súa morte. Hoxe en día, é unha das figuras históricas de orixe canaria máis veneradas do arquipélago, conxuntamente con Pedro de Betancur e José de Anchieta. Igualmente a devoción cara a "La Siervita" é unha das máis importantes da illa de Tenerife en particular e das Illas Canarias en xeral. Actualmente estase tramitando o proceso para a súa beatificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Varias notas sobre la siervita" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de maio de 2019. Consultado o 10 de xaneiro de 2019.