George Rooke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSir Editar o valor em Wikidata
George Rooke

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1650 Editar o valor em Wikidata
Canterbury Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xaneiro de 1709 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Canterbury Editar o valor em Wikidata
Governador de Gibraltar (pt) Traducir
Membro do Parlamento do Reino de Inglaterra
First Sea Lord (pt) Traducir
Member of the 1st Parliament of Great Britain (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial , político Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1672 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeReino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Rama militarRoyal Navy Editar o valor em Wikidata
Rango militarAdmiral of the Fleet (en) Traducir
vice admiral (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoTerceira Guerra Anglo-Holandesa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloKnight Bachelor Editar o valor em Wikidata
CónxuxeCatharine Knatchbull
Premios

WikiTree: Rooke-187

Sir George Rooke, nado preto de Canterbury no 1650 e finado en Londres o 24 de xaneiro de 1709, foi un comandante e almirante británico que foi o vencedor na batalla de Rande e o segundo gobernador militar de Xibraltar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enrolado voluntariamente na Royal Navy, combateu durante a Terceira Guerra anglo-holandesa, ascendendo a capitán de navío en 1673. Foi nomeado contra-almirante en 1690, participando na batalla de Cabo Béveziers. En maio de 1692 serviu baixo as ordes de Edward Russell, distinguíndose nas batallas de Barfleur (onde chegou a queimar seis baixeis franceses no transcurso dunha noite) e na batalla de La Hougue. Tales feitos de armas valéronlle o ennobrecemento e unha recompensa de 1.000 libras. En 1693 foille encargada a misión de asegurar a protección do convoi de Smyrne, que o almirante de Tourville dispersara despois da batalla de Lagos. Serviu logo na Mancha e no mar Mediterráneo até a Paz de Ryswick (1697).

En 1702, foi derrotado durante o sitio de Cádiz pero conseguiu a vitoria na batalla de Rande, na ría de Vigo.[1] Dous anos despois colaborou con Cloudesley Shovell no asedio de Xibraltar, o 21 de xullo de 1704, obtendo o título de Gobernador de Xibraltar, aínda que provisorio, o 24 de xullo. O 13 de agosto do mesmo ano atacou un convoi francés novamente (batalla de Málaga), sen que obtivese éxito nesta ocasión.

Descontento da sorte da súas actividades, pediu o retiro en febreiro de 1705.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Villatoro, Manuel P. (26 de agosto de 2018). "George Rooke: el desconocido almirante inglés que saqueó los grandes tesoros del Imperio español". abc.es (en castelán). Consultado o 24 de decembro de 2020.