John Blow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Blow

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1649 Editar o valor em Wikidata
Nottinghamshire Editar o valor em Wikidata
Morte1 de outubro de 1708 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
Cidade de Westminster Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor em Wikidata
Mestre de capela Catedral de San Paulo de Londres
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeInglaterra
Reino de Gran Bretaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , profesor de música , organista , cantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1670 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoÓpera Editar o valor em Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor em Wikidata
AlumnosWilliam Croft (pt) Traducir, Jeremiah Clarke e Henry Purcell Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoÓrgano, Órgano e voz Editar o valor em Wikidata

Spotify: 0AfS5tMQlvgBOqrZV2Njhy Musicbrainz: 610df89b-e00e-4247-a3af-71b8531fa12b Songkick: 8737 Discogs: 1157619 IMSLP: Category:Blow,_John Allmusic: mn0001413238 WikiTree: Blow-263 Find a Grave: 20585 Editar o valor em Wikidata

John Blow, nado en 1649 en Nottinghamshire e finado en Westminster (Londres) o 1 de outubro de 1798, foi un compositor e organista inglés do Barroco. Entre os seus alumnos figuran William Croft e Henry Purcell.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É probable que John Blow nacese en North Collingham, no condado de Nottingham (Inglaterra).[1] Foi corista da Capela Real e distinguiuse alí pola súa excelencia en música[2] Xa a unha idade moi curta, compuxo varios himnos, entre os que cómpre salientar Lord. Thou host been our refuge ("Señor, en ti está o noso refuxio"), Lord, rebuke me not ("Señor non me reproches") e o chamado himno social, I will always give thanks ("Sempre darei grazas"), composto en colaboración con Pelham Humfrey e William Turner.

A esa época tamén pertence a composición de Robert Herrick, Goe, perjur'd man ("Vai, home perxurado"), escrita por encarga do rei Carlos I de Inglaterra, que imita a Dite, o cieli, de Giacomo Carissimi. En 1669, Blow foi nomeado organista da abadía de Westminster e en 1673 foi designado cabaleiro da Capela Real. En setembro do mesmo ano casou con Elizabeth Braddock, que morreu nun parto dez anos despois.

En 1678 acadou o doutoramento en música e en 1685 pasou a formar parte do grupo de músicos privados do rei Xacobe II de Inglaterra.

Entre 1680 e 1687 escribiu a única ópera: Venus and Adonis. Nela, Mary Davies interpretou a parte de Venus e a súa filla con Carlos II de Inglaterra, Lady Mary Tudor, aparecía como Cupido.

En 1687, foi nomeado mestre de coro da catedral de San Paulo, en Londres. En 1695 foi elixido organista de Santa Margarida, en Westminster, e dise que retomou o seu traballo como organista na abadía de Westminster, do que se retirou en 1680 para lle ceder o lugar ao seu alumno Henry Purcell. En 1699 foi nomeado no novo posto de compositor da Capela Real. 

Obra musical[editar | editar a fonte]

Partitura de Venus and Adonis, de John Blow.
Prelude de John Blow (ficheiro MIDI).

Coñécense actualmente corenta obras de culto e máis de cen himnos de John Blow. Ademais desta música puramente eclesiástica, Blow escribiu, entre outras composicións[3]:

  • Great sir, the joy of all our hearts ("Gran Señor, ledicia dos nosos corazóns").
  • Odas para os novos anos de 1682, 1683, 1696, 1687, 1688, 1689, 1693, 1694 e 1700.
  • Odas e composicións similares para a celebración dos días de Santa Icía de 1684, 1691, 1695 e 1700.
  • Dous himnos para a coroación de Xacobe II: Behold, O God, our Defender ("Contempla, Señor o noso defensor") e God spake sometimes in visions ("Deus falou ás veces en visións").
  • Pezas para clavicordio para a segunda parte de Musick's handmaid, de Henry Playford: Epicedium for Queen Mary ("Epicedium -oda fúnebre- para a raíña María"), en 1695, e Ode on the Death of Purcell ("Oda na morte de Purcell"), en 1696.

En 1700, publicou os seus Amphion Anglicus, colección de pezas musicais para unha, dúas, tres e catro voces, con baixo continuo.

Na coñecida Historia da Música de Charles Burney[4] ilústranse as "cruezas" das composicións de Blow, moitas das cales só amosan méritos nos esforzos de expresión inmatura característicos da música inglesa do período. 

Blow morreu en 1708 na súa casa de Broad Sanctuary e o seu corpo foi sepultado na abadía de Westminster.

O tricentenario da súa morte foi conmemorado pola BBC Radio 3 e a abadía de Westminster: a emisión semanal da oración vespertina foi interpretada, na propia abadía, polo seu coro, maioritariamente con pezas do propio Blow.[5]

Notas[editar | editar a fonte]