Francisco de Aguiar Seijas e Ulloa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco de Aguiar y Seijas 1632 Betanzos |
Morte | 14 de agosto de 1698 Cidade de México |
Metropolitan Archbishop of México (en) | |
20 de abril de 1682 – ← Payo Enríquez de Rivera (pt) – Juan Ortega y Montañés (pt) → | |
Bishop of Michoacán (en) | |
30 de agosto de 1677 – ← Francisco Verdín y Molina (pt) – Juan Ortega y Montañés (pt) → Diocese: Diocese of Michoacán (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | Relixioso |
Empregador | Universidade de Salamanca |
Lingua | Lingua castelá |
Consagración | Juan Antonio García de Palacios (pt) |
Francisco de Aguiar Seixas e Ulloa, nado en Betanzos en 1632 e finado en Cidade de México o 14 de agosto de 1698, foi un relixioso católico galego, bispo de Michoacán e arcebispo de Nueva España.
Biografía[editar | editar a fonte]
Foi fillo de Alonso Vázquez de Seixas e Lobeira, rexedor perpetuo de Betanzos, e de Mariana de Ulloa. Estudou nas universidades de Santiago de Compostela e de Salamanca, chegando a ser reitor da primeira entre 1668 e 1674.
O 20 de agosto de 1677 foi nomeado bispo de Michoacán (actual arquidiocese de Morelia), polo que embarcou cara a América ao ano seguinte. Permaneceu tres anos no cargo, ao ser nomeado arcebispo de Nueva España (actual Arquidiocese de México) por Inocencio XI en 1680. Ocupou a cátedra o 2 de xaneiro de 1682, sendo unha das súas primeiras medidas a fundación e construción do Seminario Conciliar de México. Tamén mandou construír diversas obras adicadas á beneficencia, coma un hospital para enfermas mentais, o colexio de San Miguel de Belén e a Casa de Misericordia. En 1695 acometeu o derrubamento e o inicio das obras do Santuario da Nosa Señora de Guadalupe, rematado en 1709.
Ascético e moralista, da súa labor coma arcebispo destacan a prohibición das pelexas de galos, das touradas e das representacións teatrais. Ademais, durante o seu episcopado tivo fortes conflitos coa poetisa e dramaturga Sor Juana Inés de la Cruz: en plena Inquisición española, o prelado vía incompatible a súa condición de relixiosa co carácter profano de gran parte da súa obra.
Trala súa morte foi soterrado na capela de San Filipe da catedral mexicana.
Predecesor: Francisco Verdín y Molina |
Bispo de Michoacán 1677 - 1680 |
Sucesor: Antonio de Monroy |
Predecesor: Payo Enríquez de Rivera Manrique |
Arcebispo de México 1680 - 1698 |
Sucesor: Juan de Ortega Cano Montáñez y Patiño |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Los gallegos y el Nuevo Mundo en la época virreinal. Grupo Nono Art. Banco Pastor, 1987.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). 2005. ISBN 84-87804-88-8.