Daniello Bartoli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniello Bartoli
AlcumeFerrante Longobardi
Nacemento12 de febreiro de 1608
Lugar de nacementoFerrara
Falecemento13 de xaneiro de 1685 e 12 de xaneiro de 1685
Lugar de falecementoRoma
Relixióncatolicismo
Ocupaciónhistoriador, escritor e Sacerdote católico de rito romano
Coñecido porL'huomo di lettere e Istoria della Compagnia di Gesu
editar datos en Wikidata ]

Daniello Bartoli, nado en Ferrara o 12 de febreiro de 1608 e finado en Roma o 13 de xaneiro de 1685, foi un sacerdote xesuíta italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Ferrara e en 1623 entrou na Sociedade de Xesús en Roma, logo de se ordenar exerceu en Ferrara ata que en 1650 os seus superiores chamárono a Roma. Escribiu L'uomo di lettere difeso ed emendato (1645), contra dos perigos da lectura de novelas, e unha historia da súa orde en 6 volumes, Storia della Compagnia di Gesú (1650-1673), que é especialmente valiosa para coñecer o traballo dos xesuítas na India e o Xapón, en especial de Ignacio de Loyola, Francisco Xabier e Francisco Borgia.