Elizabeth Jane Weston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elizabeth Jane Weston
Nacemento2 de outubro de 1581 e 2 de novembro de 1582
Lugar de nacementoGran Londres
Falecemento23 de outubro de 1612 e 28 de novembro de 1612
Lugar de falecementoPraga
Causapuerperal disorders
SoterradaPraga
NacionalidadeReino de Inglaterra e Sacro Imperio Romano Xermánico
Ocupaciónescritora e poeta
editar datos en Wikidata ]

Elizabeth Jane Weston (en latín Elisabetha Joanna Westonia e en checo Alžběta Johana Vestonie), nada en Chipping Norton (Oxfordshire) o 2 de novembro de 1581 e finada en Praga o 13 de novembro de 1612, foi unha poetisa inglesa, coñecida pola súa poesía neolatina. Tivo unha distinción infrecuente para unha muller á hora de publicarse a súa poesía. A súa obra completa, publicada en dous volumes en 1608, foi titulada Parthenica. A temática variada entre soños idílicos, odas a Rodolfo II (orixinalmente enviadas ao emperador coa intención de convencelo para que lle deixara cartos), odas a si mesma, e diatribas antisemitas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Non se sabe nada de seu pai, mais o seu padrastro, Edward Kelley, foi un alquimista de renome. Kelley, xunto con John Dee, foi contratado na corte de Rodolfo II, polo que a súa familia se trasladou a Praga. Foi moi salientable o seu dominio das linguas, tendo coñecementos de cinco linguas: checo, inglés, alemán, italiano e latín.

En 1603 coasou cun avogado , Johnnes Leo, con quen tivo sete fillos antes de que morrera durante un parto en 1612. Está enterrada na Igrexa de Santo Tomás en Malá Strana (Praga).

Unha colección da súa poesía, editada e traducida por Donald Cheney e Brenda M. Hosington, foi publicada por University of Toronto Press en 2000.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]