Jean Nicot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJean Nicot
Biografía
Nacemento1530 Editar o valor em Wikidata
Nîmes, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte4 de maio de 1605 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Embaixador de França em Portugal (pt) Traducir
1559 – 1561
Arquiveiro Henrique II de Francia
1559 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFrancia Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónColexio e Universidade das Artes de Nimes Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlexicógrafo , arquiveiro , médico , diplomático , filólogo , político Editar o valor em Wikidata
MovementoBarroco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables


Jean Nicot de Villemain, nado en Nimes en 1530 e finado París o 4 de maio de 1604, coñecido en portugués como João de Nicote, foi un diplomático e intelectual francés.[1] A nicotina recibe o nome polo seu apelido.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi embaixador en Lisboa, Portugal, de 1559 a 1561.

Como embaixador de Henrique II de Francia na corte portuguesa, foi o encargado de negociar o matrimonio de Margarida de Valois co mozo Dom Sebastião. Intrigado polos efectos do tabaco que lle mostrou Damião de Góis, enviou unhas follas á raíña Catarina de Médicis, coa esperanza de curarlle as xaquecas.

En 1560 presentou o rapé —tabaco para poñer no nariz— na Corte francesa. O xénero ao que pertence a planta do tabaco, Nicotiana, que tamén inclúe varias plantas ornamentais utilizadas na xardinería, recibe o nome de Nicot, como na nicotina.

Jean Nicot tamén compilou un dos primeiros dicionarios franceses, Thresor de la langue françoyse tant ancienne que moderne, publicado en 1606.

Segundo algúns autores, na súa viaxe a Portugal tería estado acompañado polo seu irmán Jules Nicot ou Júlio de Nicote, que máis tarde se estableceu en Lisboa, casou con Marquesa de Brito ( sendo "Marquesa" aquí só un nome, non un título de nobre), filla dun Filipe de Brito, que foi chambelán de D. Duarte de Portugal, arcebispo de Braga, e da súa irmá de sangue, a infanta D. María Manuela, futura esposa de Filipe II de España, e que sería pai de Filipe de Brito e Nicote.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www2.culture.gouv.fr/culture/actualites/celebrations2004/villemain.htm
  2. "NICOTINA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2023-03-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]