Jean-Antoine de Baïf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJean-Antoine de Baïf

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1532 Editar o valor em Wikidata
Venecia Editar o valor em Wikidata
Morte19 de setembro de 1589 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Educacióncollège de Coqueret Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , tradutor , escritor , dramaturgo , compositor , historiador , ensaísta , laudista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1551 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoSoneto, Epigrama, Epitafios, Salmos, Comedia e Traxedia Editar o valor em Wikidata
MovementoA Pléiade Editar o valor em Wikidata
ProfesoresCharles Estienne (pt) Traducir, Ange Vergèce (pt) Traducir e Jean Dorat (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaFrancés medio e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosGuillaume de Baïf (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiLazare de Baïf (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 41dd782a-71f0-453b-9c79-1649fd57914b Discogs: 1651828 IMSLP: Category:Baïf,_Jean-Antoine_de Editar o valor em Wikidata

Jean Antoine de Baïf, nado en Venecia o 19 de febreiro de 1532 e finado o 19 de setembro de 1589, foi un poeta francés, membro da Pléiade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo natural do humanista Lazare de Baïf, que era nese tempo embaixador francés en Venecia. Medrou nun ambiente entusiasta das belas artes, educado polos mellores mestres da época, estudou latín con Charles Estienne e grego con Ange Vergèce, o erudito cretense e calígrafo que deseñara os tipos de letra gregos para Francisco I. Aos once anos quedou ao coidado do helenista Jean Dorat, quen tamén o era de Pierre de Ronsard. En 1547 morre seu pai e Baïf segue a Dorat ao Collège de Coqueret

Baïf posuía unha extraordinaria facilidade para a versificación, ademais de volumes de poemas curtos traduciu ou parafraseou varias pezas de Bión de Esmirna, Mosco, Teócrito, Anacreonte, Catulo e Marcial. Residiu en París e gozou do favor da Corte. En 1570 co compositor Joachim Thibault de Courville fundou a Académie de musique et de poésie, coa idea de establecer unha estreita unión entre música e poesía; a súa casa volveuse famosa polos concertos que daba, aos que adoito acudían Carlos IX e Henrique III. Compositores como Claude Le Jeune, o músico máis influente da Francia de finais do século XVI e Jacques Mauduit deseguida entrou no grupo.

Obras[editar | editar a fonte]

Baïf elaborou un sistema para regular a versificación cuantitativa francesa, sistema coñecido como vers mesurés, ou vers mesurés à l'antique. Xa con anterioridade Jacques de la Taille escribira en 1562 a Maniére de faire des vers en français comme en grec et en Latin (editado 1573), e outros poetas fixeran experimentos na mesma dirección; non obstante Baïf creou algo enteiramente novo, co seu intento específico por recapturar os antigos efectos éticos greco-romanos na poesía.

Outra innovación de Baïf foi un verso de 15 sílabas coñecido como vers Baïfin. Tamén tentou reformar a ortografía da lingua francesa pero tan só para uso nos vers mesurés, as súas teorías quedaron exemplificadas en Etrenes de poezie Franzoeze an vers mezures (1574). As súas obras publicáronse en catro tomos co título Œuvres en rime (1573), consitía en Amours, Jeux, Passetemps, et Poemes.

Escribiu tamén un soneto famoso sobre a matanza do día de San Bartolomeu e foi autor de dúas comedias L'Eunuque, 1565 (publicada en 1573), unha tradución libre do Eunuco de Terencio e Le Brave (1567), un remedo do Miles Gloriosus, no que transforma os personaxes de Plauto en franceses, desenvolve a acción en Orleáns. Baïf así mesmo publicou unha colección de versos latinos en 1577, e en 1576 un volume popular de Mimes, enseignemens et proverbes.

Edicións modernas[editar | editar a fonte]

  • «Antigone», Théâtre français de la Renaissance. La Tragédie à l'époque d'Henri II et de Charles IX, première série, vol. 5 (1573-1575), Florence-París, Olschki-P.U.F., 1993, p. 1-69, éd. de Simone Maser.
  • Ch. Marty-Laveaux, Euvres en rime [...], t. III, París, A. Lemerre, 1881-1890.
  • Les œuvres en vers mesurés, édition électronique avec mise en évidence de la métrique, par Olivier Bettens, 2006. http://virga.org/baif.

Estudos[editar | editar a fonte]

  • Mathieu Augé-Chiquet, La Vie, les idées et l'œuvre de Jean-Antoine de Baïf, París-Tolosa, Hachette-Privat, 1909.
  • Marie Delcourt, «L’Antigone de J.-A. de Baïf», Etudes sur les traductions des tragiques grecs et latins depuis la Renaissance, Bruxelles, M. Hayez, 1925, p. 71-82
  • B. Ann Terry, The life and Works of J.-A. de Baïf, thèse, Univerity of Alabama, 1966, 568 p.
  • A. Billaut, «Baïf traducteur d'Antigone», Revue d'Histoire du théâtre, XLIII, 1991, p. 76-84.