Johann Weyer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johann Weyer
Nacemento24 de febreiro de 1515
Lugar de nacementoGrave, Países Baixos
Falecemento24 de febreiro de 1588
Lugar de falecementoTecklenburg
NacionalidadePaíses Baixos e Alemaña
Ocupaciónmédico
FillosHeinrich Weyer, Dietrich von Weyer e Galenus Weyer
editar datos en Wikidata ]

Johann Weyer (tamén coñecido como Johannes Weier e Johann Wier; en español: Juan Wiero; en latín: Ioannes Wierus ou Piscinarius[1]), nado entre o 24 de febreiro de 1515[2] ou 24 de febreiro de 1516 en Grave, cidade do ducado de Brabante nos Países Baixos dos Habsburgo, e finado o 24 de febreiro de 1588, en Tecklenburg, Alemaña, foi un médico, ocultista e demonólogo holandés.

Foi discípulo e seguidor de Heinrich Cornelio Agrippa, con quen estivo en 1527 en Antuerpen. Cando este foi obrigado a abandona-la cidade, entre 1531-1532,Weyer abandonouna tamén dirixíndose a Bonn.[2] Posteriormente, estudou medicina en París e Orleáns[3].

Foi un dos primeiros en escribir e publicar contra a persecución das bruxas. O seu traballo máis influente foi De Praestigiis Daemonu et Incantationibus C.a. Venificiis (Sobre as ilusións dos demos e de feitizos e velenos) editado en 1563. O seu traballo inclúe Pseudomonarchia daemonum (O falso reino dos demos), un apéndice a De Praestigiis Daemonum, editado en 1577.

Escribiu en francés un libro editado en París en 1579, no que recollía tódalas opinións contrarias á realidade dos actos atribuídos ás bruxas, e mesmo aos demos. Segundo Julio Caro Baroja, Weyer "nega que o mesmo Demo poña o seu poder ao servizo destas [as supostas bruxas] e que, por tanto, se verifiquen realmente os seus propósitos e que teña lugar o pacto de mutuo acordo. O Demo o único que fai é enganalas, apoderándose do seu espírito. Agora ben, compréndese que para isto escolla á xente máis propicia, ou sexa os débiles, melancólicos, ignorantes, maliciosos, etc. E como estes abundan máis entre as mulleres que entre os homes, é natural tamén que entre elas haxa máis captadas"[4].

Edicións das obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enenkel, Karl A.E.; Traninger, Anita (editores) (2015). Discourses of Anger in the Early Modern Period. Leiden: Brill. p. 49. ISBN 978-90-04-30082-8. 
  2. 2,0 2,1 "Famous Witches - Johann Weyer (c.1515 - 1588)". witchcraftandwitches.com. Consultado o 07-08-2017. 
  3. Midelfort, H. C. Erik (1999). A History of Madness in Sixteenth-century Germany. Stanford (California): Stanford University Press. p. 173. ISBN 9780804733342. 
  4. Caro Baroja, Julio (1961). Las brujas y su mundo. Madrid: Alianza Editorial. pp. 153–154. ISBN 84-206-7777-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]