Piri Reis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piri Reis
Nome completoاحمد مُحیی‌الدین پیری
Nacemento1470
Lugar de nacementoKaraman e Gallipoli
Falecemento1554
Lugar de falecementoO Cairo
Causadecapitación
NacionalidadeImperio Otomán
RelixiónIslam
Ocupaciónxeógrafo, cartógrafo, oficial e almirante
Coñecido porMapa de Piri Reis e Kitab-ı Bahriye
editar datos en Wikidata ]
Fragmento do Mapa de Piri Reis.

Piri Reis ou Pīrī Re’īs, anteriormente Hājjī Mehmet, nado en Gallípoli, na actual Turquía, no ano 1465 e decapitado en Exipto en 1554, foi un almirante, mariño e cartógrafo turco otomán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Discípulo e sobriño de Kemal Reis, empezou a aprender a navegar ós doce anos. Foi un home de gran cultura, xa que era quen de falar, ademais da súa lingua nativa, árabe, grego, castelán e portugués. Participou en numerosas guerras contra a república de Venecia entre os anos 1499 e 1502, ademais de contra os cabaleiros de Rodas e os mamelucos de Exipto (1523).

Mapa de figuración dos fondos mariños de Piri Reis. Segundo o seu autor inclúe "todas as costas, as illas poboadas ou desérticas, os ríos, as rochas a flor de auga ou baixo a agua, os bancos de area (...)"

Sitiou Xibraltar por ordes do sultán otomán pero terminou aceptando un suborno que lle ofreceron os sitiados. O gobernador de Exipto, Alí Bajá, tivo conocemento disto e mandou chamar a Reis para que explicase a súa actitude, pero este negouse, polo que Bajá mandou detelo e condenalo a morte no cadafalso. Tiña 89 anos.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa maior obra foi o Kitab-i Bahriye ("Libro das Materias Mariñas"), un atlas náutico que contén o famoso Mapa de Piri Reis, dedicado ó sultán Solimán o Magnífico en 1525, recuperado en 1929 e conservado na actualidade no Museo Topkapı Sarayı, no Palacio de Topkapi en Istambul.

Na actualidade o seu famoso e enigmático mapa dos contornos orientais de Suramérica constitúe unha auténtica ícona nacional para Turquía. Tanto é así que aparece no reverso dos billetes de dez millóns de liras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]