Xoán de Deus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoán de Deus

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) João Cidade Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1495 Editar o valor em Wikidata
Montemor-o-Novo, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte8 de marzo de 1550 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Granada Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaGranada Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e catolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenfermeiro , libreiro , Mercenario , pastor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaFundação São João de Deus (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa8 de marzo Editar o valor em Wikidata

Xoán de Deus, nado en Montemor Portugal o 8 de marzo 1495 (algúns consideran que foi en Toledo) e finado o 5 de marzo de 1550, foi o inspirador da Orde dos irmáns hospitalarios.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi pastor, soldado nos exércitos de Carlos V e vendedor ambulante de libros. A predicación de Xoán de Ávila provocou nel unha súpeta conversión, entregou todos os seus bens aos pobres e, como penitencia, fíxose o tolo ata o punto de que foi internado nun manicomio onde foi torturado e vexado. Alí instaba aos coidadores a que tiveran maior suavidade cos enfermos mentais.

Xoán de Ávila conminoulle a que deixara esa penitencia. Unha vez liberado, adicou a súa vida ao coidado de enfermos, nenos da rúa, anciáns abandonados e prostitutas, aínda que a súa dedicación especial foi aos enfermos mentais, aplicando métodos de trato humano e comprensión que tiveron moito éxito.

Enfermo de artrite, a súa doenza agravouse debido a que, nunha ocasión, botouse ás augas xeadas do río para salvar a vida dun colaborador. Enfermo e impedido, morreu aos 55 anos de idade.

Significación[editar | editar a fonte]

Foi beatificado en 1630 por Urbano VIII e canonizado en 1691 por Alexandre VIII. Está considerado pola Igrexa Católica patrón dos enfermos mentais e dos enfermeiros e da cidade de Granada. Os seus seguidores fundaron a Orde dos irmáns hospitalarios que leva o seu nome e está presente nos cinco continentes.