Carlos VIII de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos VIII de Francia
Nome orixinal(fr) Charles VIII Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1470 Editar o valor em Wikidata
Amboise
Morte7 de abril de 1498 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Amboise
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor em Wikidata
Cargos
Rei de Francia
Período1483 - 1498
AntecesorLois XI de Francia
SucesorLois XII de Francia
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e cristianismo occidental Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaFrancés medio Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de Francia Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Valois Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAna da Bretaña
FillosCarlos Orlando, Delfim da França (pt) Traducir, François de France (en) Traducir, Charles de France (en) Traducir, Anne de France (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisLois XI de Francia Editar o valor em Wikidata  e Carlota de Saboia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAnne de Beaujeu (pt) Traducir, Joana de Valois, Duquesa de Berry (pt) Traducir e Joachim de Valois (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Valois-273 Find a Grave: 10026410 Editar o valor em Wikidata

Carlos VIII de Francia, coñecido coma o afable, nado o 30 de xuño de 1470 en Amboise e finado o 7 de abril de 1498 na mesma cidade, foi rei de Francia desde 1483 ata a súa morte. Fillo de Lois XI de Francia e de Carlota de Savoia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educado na corte polo mestre humanista Guillaume Tardif herdou o trono con 13 anos, trala morte de seu pai, porén estivo baixo a rexencia de súa irma Ana de Beaujeu e seu cuñado Pedro II de Borbón ata a maioría de idade.

Trala invasión do Ducado da Bretaña por parte da coroa francesa a herdeira do ducado, Ana da Bretaña, foi forzada a casar con Carlos VIII, asinando un acordo segundo o cal no caso de non ter herdeiros casaría de novo co seguinte na lista de sucesión do trono francés.

Este acordo levouse a cabo a pesar de estar xa prometido Carlos VIII con Margarida de Austria, porén os por aquel entón rexentes estableceron como prioridade anexionar o ducado. A pesar de todo Austria interpuxo protestas xa que legalmente Ana da Bretaña xa estaba casada, con Maximiliano I de Austria, aínda que non chegara a consumarse, polo que as protestas non prosperaron. A voda levouse a cabo en Langeais o 6 de decembro de 1491.

Exiliados italianos na corte francesa animaron ao rei Carlos VIII a intervir nas loitas intestinas que vivía o país, dividido en diferentes principados. Así reivindicou os seus dereitos de herdanza sobre o Reino de Nápoles adquiridos a través da súa avoa María de Anjou, e entrando en disputa así con Fernando II de Aragón.

Tras acordos territoriais e económicos co Imperio austríaco e Inglaterra para contar coa súa non intervención, entrou en Italia con 30.000 homes en agosto de 1494. En 1495 conquistou Nápoles pero foi derrotado polas tropas de Gonzalo Fernández de Córdoba, baixo cuxo mando directo se atopaba o nobre galego Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas, Conde de Andrade.

Morreu en 1498 con tan só 27 anos de idade a causa dunha aplopexía. Pese a que tivo tres fillos e unha filla con Ana da Bretaña, todos eles morreron a moi temperá idade, quedando sen descendencia directa á súa morte. Así o trono pasou ao seu primo Lois de Orleáns, que subiría ao trono coma Lois XII de Francia.

Rei de Francia

Segue a:
Lois XI
Carlos VIII de Francia
(-)

Precede a:
Lois XII
Dinastía de Valois

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Marc Ferro, Historia de Francia, Cátedra, 2003, Madrid.
  • G. de Bertier de Sauvigny, Historia de Francia, Ediciones Rialp, D.L., 2009, Madrid.