Hautacuperche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHautacuperche

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XV Editar o valor em Wikidata
La Gomera Editar o valor em Wikidata
Morte1488 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Hautacuperche foi un guerreiro aborixe gomero, protagonista da coñecida como «rebelión dos gomeros» de 1488, así como executor de Hernán Peraza o Mozo, señor territorial da illa.[1][2][3][4]

Bautizado como Pedro Hautacuperche, o seu nome aborixe foi traducido por diversos autores como 'o que leva consigo a felicidade', 'nado con bo presaxio', 'o ditoso' ou 'o afortunado'.[5][6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hautacuperche era parente próximo da aborixe Yballa, amante de Hernán Peraza. Así, en 1488 os gomeros deciden acabar co seu señor ó entender que este violara o pacto que fixera con eles mantendo relacións con Yballa. Chegados os rebeldes preto da cova onde se atopaba Peraza no termo de Guahedun acháronse a Hautacuperche coidando dos seus gandos, e este únese a eles axiña que coñece as súas intencións. Cando Peraza saíu da cova ó encontro dos gomeros, Hautacuperche atravesouno cunha lanza, matándoo. Os gomeros mataron así mesmo ao paxe que acompañaba a Peraza, e iniciaron a persecución do seu escudeiro até a torre de San Sebastián, que cercaron, dándose así inicio á rebelión dos gomeros.

Até tres veces asaltaron os rebeldes a torre dirixidos por Hautacuperche sen conseguir romper as súas defensas. Nas refregas o guerreiro gomero facía alarde da súa axilidade, pois collía ao voo as saetas e pedras que lle lanzaban dende a torre e devolvíaas. Apercibidos os casteláns, Antonio da Pena amagou un disparo contra Hautacuperche para distraelo mentres Alonso de Ocampo lle disparaba coa súa bésta dende a seteira da torre, acabando así co caudillo rebelde.

A morte de Hautacuperche debilitou o ánimo dos rebeldes, que deixaron o sitio e se alzaron nos cumes da illa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El episodio de Iballa" (5). Patronato de la Casa de Colón. ISSN 0570-4065. 
  2. Historia de la conquista de las siete islas de Gran Canaria. Imprenta, Litografía y Librería Isleña. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  3. Ángel de Juan Casañas (ed.). Historia de las siete islas de Canaria. Real Sociedad Económica de Amigos del País de Gran Canaria. ISBN 84-398-7275-5. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  4. "La Gomera y el episodio de Iballa" (48). Patronato de la Casa de Colón. ISSN 0570-4065. 
  5. "Hautacuperche". ÍNSULOAMAZIQ Diccionario histórico-etimológico del amaziq insular (Canarias) (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  6. "El apóstrofe dirigido por Iballa en lengua guanche a Hernán Peraza" (PDF) (2). El Museo Canario. ISSN 0211-450X. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Abreu y Galindo, J. de, Historia de la conquista de las siete islas de Canarias, en A. Cioranescu (ed) Goya ediciones, Tenerife, 1977 ISBN 84-4003645-0
  • Bethencourt Alfonso, J: Historia del Pueblo Guanche II Lemus editor, La Laguna, 1997.
  • Mora Morales, M.: Iballa Editorial Globo, Santa Cruz de Tenerife, 1986.