Afonso I, Duque de Braganza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAfonso I, Duque de Braganza

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1377 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Estremoz (Reino de Portugal) Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 1461 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Chaves Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Batalha Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoConquista de Ceuta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Bragança Editar o valor em Wikidata
CónxuxeConstança de Noronha (pt) Traducir (1420 (Gregoriano)–)
Beatriz Pereira Alvim (pt) Traducir (1401 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosFernando I, Duque de Bragança
 () Beatriz Pereira Alvim (pt) Traducir
Afonso de Bragança, Marquês de Valença (pt) Traducir
 () Beatriz Pereira Alvim (pt) Traducir
Isabel de Barcelos (pt) Traducir
 () Beatriz Pereira Alvim (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisXoán I de Portugal Editar o valor em Wikidata  e Inês Pires (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBeatriz, Condessa de Arundel (pt) Traducir, Isabel de Portugal, Duquesa de Borgoña, Henrique, duque de Viseu, Duarte de Portugal, Fernando, o Infante Santo, Pedro, Duque de Coimbra e Xoán, Infante de Portugal Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Braganza-10

Afonso I de Braganza, nado talvez en Veiras (Alentejo) en 1377 e finado en 1461, foi o 8.º conde de Barcelos, 2.º conde de Neiva e o 1.º Duque de Braganza. Foi fillo natural do rei Xoán I e de Inés Pires.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O primitivo estado e patrimonio dos Braganza formouse con bens e terras que dotou á filla o condestábel Nuno Álvares Pereira (1360-1431) 7.° Conde de Barcelos. Foi o fundador da casa de Braganza. O señorío e o Ducado de Braganza solicitounos ao rexente Pedro, con motivo de breve reconciliación entre ambos, que llo concedeu no ano 1442. Os descendentes foron Duques de Guimarães o 23 de novembro de 1470 e de Barcelos o 5 de agosto de 1562.

Durante o reinado de Duarte tivo excelentes relacións co seu medio irmán, pero non o conseguiu demover da tráxica expedición a Tánxer. Despois da morte de Duarte e durante a rexencia da súa viúva dona Leonor e don Pedro, irmán do falecido rei, non foron boas as relacións entre Afonso e Pedro. En 1442 este obtivo do rexente o señorío e Ducado de Braganza. Era o terceiro Ducado de Portugal (os dous primeiros foron creados por Xoán I para os seus dous fillos: o de Coímbra a Pedro e o de Viseu para Henrique)

Casamento e descendencia[editar | editar a fonte]

Casou en Leiria en 8 de novembro de 1401 con Brites ou Beatriz Pereira de Alvim (1380-1412) condesa de Barcelos e condesa de Arraiolos, filla única do condestábel Nuno Álvares Pereira e Leonor Alvim, morta en 1 de novembro de 1401, a herdeira da casa máis opulenta do reino. Dese casamento, tivo tres fillos:

En 1420, casou con Constanza de Noreña, filla de Afonso de Gijón e Noreña, fillo de Henrique II de Castela, pero non tivo fillos.

O seu neto en sexta xeración, Xoán II de Braganza, seria despois o rei Xoán IV de Portugal.