Eduardo III de Bar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo III de Bar
Nacementoxuño de 1377 e 1374
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento25 de outubro de 1415
Lugar de falecementoBatalla de Agincourt e Azincourt
Causamorto en combate
SoterradoBar-le-Duc
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónfeudatario
PaiRoberto I de Bar
NaiMaria de França, Duquesa de Bar
IrmánsPhilip of Bar, Louis Ier de Bar, John of Bar, Henry of Bar, Iolanda de Bar, Marie of Bar, Yolande of Bar, Bonne of Bar e Jeanne of Bar
Na rede
WikiTree: De_Bar-41 Find a Grave: 38071292 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Eduardo III de Bar, nado a finais de xuño de 1377 e finado o 25 de outubro de 1415 en Agincourt, foi marqués de Pont-à-Mousson de 1399 a 1415 e duque de Bar de 1411 a 1415.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Roberto I, conde e despois duque de Bar, e de María de Francia. Converteuse no herdeiro do ducado de Bar á morte dos seus irmáns máis vellos Henrique e Filipe, que morreron na batalla de Nicópolis (1396). Seu pai fíxoo marqués de Pont-à-Mousson en 1399. En 1405, foi encargado por Carlos VI de Francia para defender o bolonés ameazado polos ingleses. A finais de 1406 participou na campaña da Güiena baixo Lois I de Orleáns, pero a disentería decimou ao exército francés. Despois do asasinato de Luís de Orleáns en 1407, achegouse a Xoán sen Medo e acabou uníndose aos borgoñóns. Sucedeu ao seu pai o 12 de abril de 1411.

Morreu na batalla de Agincourt e sucedeuno seu irmán Luís de Bar, bispo de Verdún, coñecido como Lois I ou Lois (dependendo de se Lois de Montbéliard se considera que foi conde uxori e non suo iure). Non casou e deixou só fillos bastardos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Poull, Georges (1994). La Maison souveraine et ducale de Bar (en francés). Nancy: Presses Universitaires de Nancy. ISBN 978-2864808312. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]