Giovannino de Grassi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giovannino de Grassi
Imaxe do Offiziolo - L'eterno e gli eremiti
Nacementoc. 1350
 Milán
Falecemento6 de xullo de 1398
 Milán
Áreapintor, arquitecto, escultor, ilustrador
MovementoGótico
Nacionalidadeitaliano
Influencia aMichelino da Besozzo
editar datos en Wikidata ]

Giovannino de Grassi nado en Milán cara a 1350 e finado o 6 de xullo de 1398, foi un pintor, escultor, arquitecto e miniaturista italiano gótico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Descoñécese o ano do seu nacemento. A súa actividade tense documentado dende o ano 1389; dende 1392 traballou coma escultor e arquitecto para a construción da Catedral de Milán mais non salientou coma escultor, senón coma pintor e debuxante. Foi asesor na construción da catedral de Pavia.

Dende 1370 ilustrou preto de 50 folios do Offiziolo de Gian Galeazzo Visconti con imaxes naturalistas. A obra atópase actualmente na Biblioteca Nacional Central de Florencia.

Tamén no seu «Taccuino dei disegni» (albume de debuxos), custodiado na biblioteca Angelo Mai de Bérgamo, que é considerado o exemplo máis importante da arte italiana tardo-gótica, dominan escenas da actividade diaria, animais e imaxes da natureza. Realizado á finais do século XIV preto da corte dos Visconti conta con 77 debuxos e 24 letras miniadas do alfabeto. Algúns debuxos semellan copias do natural, mais outras resultan copias doutros cadros. Semella ser unha obra non propia de Grassi, senón realizada coa colaboración dun taller. Tamén traballou co seu irmán Porrino e o seu fillo Salomone. A Grassi e ó seu taller ou achegados atribúenselle algunhas iluminacións do manuscrito «Tacuinum Sanitatis», conservado na Biblioteca Nacional de Francia, París.

Aínda que a actividade máis coñecida de Grassi son estas iluminacións, tense constancia que tamén traballou noutras formas artísticas, das que hoxe en día case non quedan restos: pendóns de igrexas, retablos, cartóns para tracerias de xanelas, atribuíndoselle a realización dunha maqueta en madeira da catedral.

Giovannino de Grassi tivo varios alumnos, sendo o máis notable Michelino da Besozzo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]