Urraca de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Urraca de Castela
Nacemento1186
Lugar de nacementoReino de Castela
Falecemento2 de novembro de 1220 e 3 de novembro de 1220
Lugar de falecementoCoímbra
SoterradaMosteiro de Alcobaça
NacionalidadeReino de Castela e Reino de Portugal
Relixióncatolicismo
PaiAfonso VIII de Castela
NaiLeonor Plantagenet
CónxuxeAfonso II de Portugal
FillosSancho II de Portugal, Afonso III de Portugal, Leonor de Portugal e Fernando de Portugal, Senhor de Serpa
IrmánsHenrique I de Castela, Berenguela de Castela, Branca de Castela, Leonor de Castela, Sancho de Castilla, Sancha de Castilla, Ferdinand of Castile, Mafalda de Castilla e Constanza de Castilla
Na rede
WikiTree: Castilla-65 Find a Grave: 105699152 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Urraca de Castela, nada en 1186[1] e finada en Coímbra o 30 de novembro de 1220 foi infanta de Castela e, dende 1211 até a súa morte, raíña consorte polo seu matrimonio con Afonso II de Portugal, era filla do rei Afonso VIII de Castela e da súa esposa, a raíña Leonor de Plantagenet. Foi nai dos reis de Portugal Sancho II e Afonso III.

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Filla do rei Afonso VIII e da súa esposa, a raíña Leonor de Plantagenet, os seus avós paternos foron Sancho III de Castela e a súa esposa Branca Garcés de Pamplona e os maternos o rei Henrique II de Inglaterra e a raíña Leonor de Aquitania. Foron os seus irmáns, entre outros, o rei Henrique I de Castela e a raíña Berenguela de Castela, nai de Fernando III o Santo, rei de Castela e León.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en 1186 e aparece por primeira vez na documentación o 28 de maio de 1187, no que o seu pai realizaba unha doazón ao mosteiro de las Huelgas de Burgos, que el fundara.

Contraeu esponsais en 1205 co infante Afonso de Portugal, fillo do rei Sancho I de Portugal e da súa esposa, a raíña Doce de Aragón e dous anos despois, en 1208, celebrouse o matrimonio. Despois da defunción do seu pai en 1212, o infante herdou o trono e reinou co nome de Afonso II de Portugal.

A raíña Urraca faleceu o 2 de novembro de 1220 na cidade de Coímbra, na que outorgara testamento o día 14 de xuño de 1214, e foi sepultada xunto ao seu esposo, o rei Afonso II de Portugal, no Mosteiro de Alcobaça.

Voda e descendencia[editar | editar a fonte]

Froito do seu matrimonio co rei Afonso II de Portugal naceron os seguintes fillos:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]